Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta comunicado

Camiño do Litoral: propaganda baleira e turismo político

O BNG de Carnota considera que o chamado Camiño do Litoral que veu anunciarse con pompa e boato a Carnota -coa participación entusiasta do alcalde- só é un exercicio de cinismo e turismo político, nunha nova operación propagandística baleira da Xunta. A propia Xunta admitiu que a maior parte do trazado discorre por camiños consolidados, zonas urbanas ou infraestruturas xa existentes. É dicir, non estamos diante dun proxecto novo, senón dun simple rebranding institucional dos camiños das parroquias, os accesos ao mar, as sendas tradicionais e os espazos que a veciñanza e os concellos levamos décadas mantendo, usando e defendendo a custa dos fondos propios. O BNG considera positivo calquera proxecto que axude a coñecer e valorizar o litoral, mais lembra que os seus camiños precisan de investimentos reais en mantemento, limpeza, seguridade, accesibilidade e protección ambiental, non anuncios baleiros lanzados de costas á súa poboación e entidades locais. O noso litoral non é un decorado ...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

O BNG de Carnota denuncia o progresivo desmantelamento do servizo sanitario

O BNG de Carnota denuncia o progresivo desmantelamento do servizo sanitario no municipio, logo da decisión da Xunta de Galiza de eliminar as consultas médicas que viñan desenvolvéndose os sábados pola mañá no centro de saúde de Carnota. Primitivo Pedrosa lembra que esta nova perda de servizos súmase á ausencia de pediatra, unha situación que leva arredor de dous anos obrigando as familias de Carnota a desprazarse até Muros para que as súas crianzas poidan ser atendidas por unha especialista. A decisión da Consellaría de Sanidade de deixar sen servizo o centro médico os sábados pola mañá enmárcase nos cambios decididos polo Goberno galego para os Puntos de Atención Continuada, PAC, definidos nun “decretazo” que agrava a situación do sistema sanitario público. Estas medidas implican cambios nos horarios de atención e o peche de centros de saúde que até o de agora abrían os sábados. No caso de Carnota, isto obrigará a moitas persoas usuarias a desprazarse a outros puntos asistenciais ...

O BNG denuncia o desmantelamento do servizo de pediatría

O BNG de Carnota denunciou o desmantelamento do servizo de pediatría no municipio e esixiu á Xunta de Galiza o seu restabelecemento inmediato. A formación nacionalista sinala que as carencias neste servizo levan anos afectando as familias, obrigando nais e pais a desprazarse a outros concellos para recibir atención sanitaria pediátrica. Para o BNG, esta situación supón un novo recorte dos servizos públicos no rural e agrava a vida diaria da veciñanza, especialmente das familias con crianzas. A sanidade pública debe garantir unha atención próxima, estábel e de calidade, tamén nos concellos rurais. O BNG anunciou que apoiará todas as iniciativas encamiñadas a restaurar o servizo de pediatría no concello e que trasladará ao Parlamento galego as reclamacións necesarias para acadar este obxectivo.

O Consello de Contas cuestiona a situación financeira do Concello de Carnota

O Consello de Contas cuestionou a situación financeira do Concello de Carnota, mentres o alcalde advertía de que o obxectivo era aumentar a recadación para cadrar as contas municipais. Para o BNG de Carnota, esta situación confirma a necesidade de abrir un debate serio sobre a xestión económica do Concello. A resposta aos problemas financeiros non pode ser simplemente cargar máis presión sobre a veciñanza sen explicar antes cal foi a política de gasto, cales son as prioridades do goberno e que medidas de control se van adoptar. A veciñanza ten dereito a saber con claridade en que situación se atopan as contas municipais, que advertencias realizan os órganos fiscalizadores e que consecuencias poden ter para os servizos públicos, os investimentos e a actividade ordinaria do Concello. O BNG considera que a transparencia económica é unha condición básica para unha boa xestión municipal. Non abonda con aprobar orzamentos ou anunciar medidas: cómpre render contas, explicar as decisións e g...

Carnota convértese no concello da comarca que máis tarda en pagar aos provedores

Carnota converteuse, segundo informacións publicadas pola Voz , no concello da comarca que máis tarda en pagar aos seus provedores, unha situación que para o BNG resulta especialmente preocupante pola imaxe que proxecta da xestión económica municipal e polas consecuencias que pode ter para pequenas empresas, autónomos e servizos locais. O atraso no pagamento a provedores non é un dato menor. Detrás de cada factura hai empresas, traballadores e persoas autónomas que prestan servizos ao Concello e que teñen dereito a cobrar en tempo e forma. Cando unha administración tarda en pagar, traslada os seus problemas de xestión a quen xa cumpriu coa súa parte. Desde o BNG de Carnota reclamamos ao goberno municipal explicacións claras sobre esta situación e medidas concretas para corrixila. A xestión económica dun Concello debe basearse no rigor, na planificación e no respecto aos compromisos adquiridos. Carnota precisa un goberno que actúe con responsabilidade, que ordene as contas municipais e ...

A Xunta deixa Carnota sen fondos no reparto de 15 millóns para o Barbanza

A Xunta de Galiza deixou Carnota sen fondos no reparto de 15 millóns de euros destinados ao Barbanza, malia as reiteradas fotografías, entrevistas e reunións anunciadas polo goberno municipal. Para o BNG de Carnota, esta situación evidencia unha preocupante falta de peso político do Concello diante da Xunta. Non abonda con saír nas fotos nin con anunciar xestións se despois Carnota queda fóra dos investimentos reais. O noso concello ten necesidades evidentes en materia de servizos, turismo, mellora de espazos públicos, mobilidade, patrimonio, medio ambiente e actividade económica. Por iso resulta inaceptábel que Carnota non reciba nin un euro nun reparto destas características. Desde o BNG reclamamos unha defensa firme dos intereses de Carnota diante de todas as administracións. O Concello debe actuar con iniciativa, presentar proxectos solventes, facer seguimento das convocatorias e esixir un trato xusto para a veciñanza. Carnota non pode quedar á marxe dos investimentos mentres outro...

O BNG de Carnota rexeita a suba das retribucións políticas no Concello

O BNG de Carnota manifestou publicamente o seu desacordo coa suba das retribucións políticas no Concello. Desde a nosa organización entendemos que a política municipal debe estar orientada a resolver os problemas reais da veciñanza e a mellorar os servizos públicos, especialmente nun momento no que seguen existindo necesidades importantes en moitos ámbitos: mantemento, limpeza, servizos sociais, atención ás parroquias, praias, infraestruturas e funcionamento ordinario do Concello. Para o BNG, unha decisión deste tipo debe estar plenamente xustificada, explicada con transparencia e acompañada dunha mellora efectiva da xestión municipal. Non se pode pedir á veciñanza comprensión diante das carencias do día a día e, ao mesmo tempo, asumir subas políticas sen que exista unha explicación convincente do seu impacto no funcionamento do Concello. Non todos os grupos políticos entendemos a responsabilidade institucional do mesmo xeito. O BNG de Carnota seguirá exercendo unha oposición seria, fi...

Macroeólicos en Carnota, ASI NON!

Nos últimos días fomos coñecedores do proxecto eólico que se pretende levar a cabo no Cabazo e que afectaría ao noso Concello. Polo que percibimos hai unha total falta de transparencia por parte do Goberno da Xunta e do Goberno Central en todo o que rodea a este tipo de proxectos especulativos. Pola información de que dispoñemos e recabada pola nosa parte nos últimos días sabemos que a empresa Green Capital Power, con domicilio social en Pozuelo de Alarcón (Madrid), presentou xa o ano pasado (en plena pandemia) o proxecto ou plan previo “Parque Eólico do Cabazo” e que desde o 8 de marzo deste ano o proxecto está para avaliación ambiental ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Descoñecemos se a empresa ten presentada a solicitude para a súa instalación. No día de hoxe, a petición nosa, mantivemos unha reunión co alcalde que nos di que no Concello non teñen ningunha comunicación oficial deste proxecto, durante a mesma desde o ...

Comunicado do BNG de Carnota

Pili Tubío, Manolo Souto e Belén Campos A Asemblea Local do BNG de Carnota, reunida esta tarde para decidir a posición ante a sesión de investidura que terá lugar mañá, 14 de xuño, ás 12:30 horas no Concello de Carnota, COMUNICA : Nas semanas transcorridas desde a xornada electoral do 26 de maio non existiu ningún contacto firme por parte do PSOE máis aló dunha chamada telefónica na que se constata o seu absoluto desinterese en acadar ningún acordo co BNG. Si tivo lugar un contacto co PP, a solicitude deste, sen ningún tipo de acordo. Nestas circunstancias o BNG de Carnota presentará e apoiará a súa propia candidatura, na persoa de Belén Campos, quen exercerá a portavocía do noso grupo municipal, que estará integrado tamén por Manolo Souto e Pilar Tubío. O anterior acordo comunicarase publicamente para o coñecemento de toda a veciñanza de Carnota. Asinado en Carnota, a 14 de xuño de 2019

Condean a 2 anos de cadea ao militante do PSOE que agrediu brutalmente ao alcalde Moncho Noceda

O agresor presentou un recurso asinado polo mesmo avogado que defendeu aos furtivos que se enfrontaron con Manuel de Talelo O mozo que en 2017 agrediu brutalmente ao alcalde de Carnota Ramón Noceda acaba de ser condeado a 2 anos de cadea, a aboar as costas xudiciais e a aboarlle a Moncho un total de 9.310€ polos danos ocasionados, dos que precisou de case un mes para curarse. O ataque sucedeu nun coñecido local de hostalería de Mar de Lira na madrugada do 15 de agosto de 2017. Moncho atopábase sentado na terraza do local xunto con varios veciños cando D.G.B., coñecido militante do PSOE e secretario das Xuventudes Socialistas de Carnota, pegoulle un puñetazo a traizón no lado esquerdo da cara que tumbou a súa cadeira para atrás, golpeándose tamén fortemente a cabeza coa caída; esta agresión provocoulle unha "contusión no ollo esquerdo e zona parieto occipital dereita", que fixo necesaria a intervención das urxencias sanitarias e 29 días de tratamento para se recuperar da...

Milucho Louro deixa a política activa

Milucho Louro, candidato do BNG á alcaldía de Carnota, comunicoulle á Asemblea Local da nosa organización a súa decisión de poñer punto e final á súa carreira política; deste xeito, na sesión de investidura do vindeiro día 15 de xuño non tomará xa posesión da acta de concelleiro obtida nas eleccións municipais do pasado 26 de maio. Esta decisión chega despois dun meditado proceso de reflexión persoal e familiar iniciado tras os acontecementos vividos a noite das eleccións, cun ataque ao seu fogar que poñía o colofón a moitos meses de campaña de acoso e derribo a título persoal e familiar, desenvolvida por activos do PSOE carnotán. Este ensañamento brutal iniciado desde o mesmo momento en que se fixo pública a proclamación de Emilio Louro coma candidato do BNG causou gravísimos problemas non só a Milucho senón á súa familia e os seus fillos, que están destrozados polo acoso, e que desencadearon a súa decisión de antepoñer o benestar e a tranquilidade dos seus seres queridos antes...

O BNG denuncia o ataque ao fogar de Milucho Louro na noite electoral

O BNG de Carnota condena un incidente que empaña definitivamente o proceso electoral Pouco antes da media noite, ao pouco de chegar ao seu fogar familiar en Lariño, a familia do noso candidato á alcaldía, Emilio Louro, unha vez finalizada a xornada electoral, percibiu rebumbio e movementos estranos nas proximidades do seu domicilio, que alertaron aos cans do entorno. Nese intre unha ou varias persoas rociaron a casa de Milucho con algún produto químico que desprendía un intensísimo cheiro desagradábel, e logrando dalgún xeito infiltralo tamén na vivenda, de maneira que aos poucos minutos era practicamente imposíbel permanecer no seu interior polo cheiro insoportábel que se prolongaría durante varias horas. Foi o aínda alcalde Moncho Noceda quen alertou á Policía Local, que se achegou de inmediato á zona, redactou un informe e chamou á súa vez á Garda Civil, que xa está a investigar o incidente asi coma se os seus autores lograran acceder dalgún xeito ao interior da propiedade. In...

Graciñas pero non puido ser: O BNG de Carnota pasará á oposición os vindeiros 4 anos

O BNG de Carnota vén de sufrir unha derrota nas eleccións municipais, tras ceder 3 dos seus 6 escanos actuais, os mesmos que medrou o PSOE, gañador da cita coas urnas nunha xornada electoral cunha participación que rondou o 70%, lixeiramente superior á rexistrada hai 4 anos. En canto aos resultados por mesa, que podedes ver no cadro, o BNG gañou en dúas urnas (Lariño e Caldebarcos), mentras que en San Mamede fomos segunda forza a só 6 votos do PP, que tamén gañou en Carnota, mentras que o PSOE gañou no Pindo e en Lira, que resultou ser a mesa que lle valiu a vitoria. Felicitamos ao PSOE de Carnota, e ao seu candidato Juan Manuel Saborido Rama, Moma, polos resultados. En canto ao BNG de Carnota, tomamos nota da mensaxe dura pero clara da nosa veciñanza: o povo é quem mais ordena , e ordenou que o BNG pase á oposición os vindeiros catro anos. Agora será tempo de analisar erros e acertos, e poñerse desde xa a traballar para desenvolver unha oposición activa e constructiva que siga ...

O BNG denuncia a campaña suxa que desenvolven militantes do PSOE contra o noso candidato

Unha situación límite que chega ao extremo de asediar a persoas que apoian publicamente ao BNG O BNG de Carnota vese na obriga de facer un alto na por outra parte ilusionante carreira para levar a Milucho Louro e o seu equipo ao goberno de Carnota, e desgrazadamente por causa das accións de persoas que participan da vida política do noso municipio. A razón non é outra que a campaña suxa que desde hai varios meses están a desenvolver persoas de significada pertenza ao PSOE de Carnota , baseada en divulgar mentiras e falsidades sobre a saída de Milucho Louro do que foi o seu centro de traballo durante 26 anos, a Confraría de Pescadores de Lira, episodio sobre o que ata agora o novo alcaldábel decidira non pronunciarse publicamente. Durante os meses conseguintes á proclamación de Milucho Louro como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota , estas persoas comezaron a divulgar publicamente en calquera foro (mesmo bares e tabernas) unha versión absolutamente deformada de como se tería p...

Emilio Louro, novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Moncho Noceda pon fin á súa traxectoria na alcaldía cunha aposta pola continuación do proxecto do BNG e pola renovación das ideas Emilio Louro, Milucho, candidato do BNG Carnota A Asemblea Local do BNG de Carnota proclamou esta tarde por unanimidade a Emilio Louro Lamela , máis coñecido entre a nosa veciñanza coma Milucho, como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión chegou despois dun proceso de reflexión interna iniciado logo de que Moncho Noceda, actual portavoz e rexedor do noso municipio, comunicara recentemente á Asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota, ao atoparse xa preto da súa idade de xubilación. Foi precisamente Moncho o encargado de transmitirlle a Milucho que fora proposto pola asemblea. Finalmente aceptou, segundo explicou, pola necesidade de continuar co proxecto nacionalista que levou a Carnota en só oito anos de ser un concello intervido e ao borde da insolvencia a ser viábel e estar saneado, mantendo e mesmo mello...

Carnota logra un remanente de tesoureiría positivo por primeira vez nunha década

Resumo do pleno de 09/03/16 O esforzo de saneamento economico das arcas municipais permitiron ao goberno local de Carnota liquidar o exercicio de 2015 cun remanente positivo de tesoureiría duns 206 mil euros. É a primeira vez nunha década que Carnota remata o ano en positivo, algo que parecía impensábel en exercicios anteriores e sobre todo logo da última etapa do PP no goberno, que ofreceu sempre remanentes negativos de entre -1 e -1,3 millóns de euros. O BNG de Carnota agradece á veciñanza a súa gran paciencia e colaboración que permitiron ao goberno con paso lento pero seguro lograr este fito histórico, pois sabemos que houbo asuntos de importancia que tiveron que quedar no tinteiro estes anos, por culpa dunha situación económica pésima que obrigou a antepoñer o pago de facturas a outras cuestións. Sen embargo, o esforzo de todos os veciños e todas as veciñas tivo os seus froitos e hoxe afrontamos o futuro con moita máis ilusión e confianza na viabilidade económica do noso ...

O BNG oponse ao tanque que Gas Natural pretende levantar xunto o Colexio de Carnota e chama á veciñanza a unirse ás alegacións

O BNG anuncia a súa oposición frontal ao proxecto que Gas Natural pretende levar a cabo en Carnota con aparente apoio da Xunta, cuxo prazo para formular alegacións comezou onte, e do cal concello e grupos non tiñan a menor constancia. Membros do BNG acudiron ás dependencias administrativas na Xunta de Galicia en Monelos para solicitar copia de toda a documentación para informar á veciñanza do que parece ser a autorización provisional por parte da Xunta á instalación absolutamente temeraria dun tanque regasificador de Gas Natural a escasos de 60 metros da escola pública da localidade de Carnota, proxecto para o que acaba de abrirse un prazo de alegacións de 15 días. Precisamente chama a atención que o proxecto omite a presenza nas inmediacións dun colexio infantil, o que fai sospeitar que foi redactado desde o despacho e sen poñer nin un só pe a zona para comprobar o que había ou non nas inmediacións. Sendo asi, tanto Concello de Carnota como BNG anuncian que van presentar alegación...

O alcalde de Carnota pídelle ao PP que explique á veciñanza por que apoiaba o Parque Natural ata perder a alcaldía

A Asociación Monte Pindo vén de publicar unha enquisa de Sondaxe que demostra un inmenso apoio social e tamén un listado de 171 entidades que ata hoxe avalaron a iniciativa para declarar o Monte Pindo parque Natural. É abraiante que calquera idea naza con tal apego social e respaldo de entidades de absolutamente todo tipo, e moito máis cando se trata dunha posición -cando menos de partida- conservacionista. Calquera administración debería celebrar que a súa sociedade acade tal grao de madurez que non sexa freo, senón motor de iniciativas tan valentes como esta. Por iso resulta sorprendente a circunstancia de que a única entidade que ata o momento se ten oposto diametralmente sexa o PP, pois é o partido do goberno da Xunta quen ten na súa man o éxito do proxecto, dado que a Consellería de Medio Ambiente é quen ten a exclusiva potestade de decretar a creación do Parque Natural e deseñar a folla de ruta e os presupostos para levalo a bo cabo. Despois de cinco anos de traballo vec...

Carta aberta á veciñanza de Carnota

A seguir reproducimos a Carta Aberta que o equipo de goberno municipal acaba de remitirlle á veciñanza de Carnota en cumprimento do seu compromiso programático de transparencia na xestión municipal. Estimados veciños e veciñas, Primeiramente, dende o Equipo de Goberno pedímosvos perdón polo tempo transcorrido dende a primeira carta á veciñanza e esta segunda. As difíciles circunstancias vividas no Concello, que todos e todas coñecedes, e a falla de datos económicos concretos fixeron que a presente información se fose atrasando. Cúmprense xa 3 anos e 6 meses do noso Goberno e todo este tempo serviunos para descubrir ata que punto Carnota enfrontaba unha situación tan crítica que, por veces, mesmo parecía insalvable. Con esta carta, escrita desde a humildade e tras un profundo exercicio de autocrítica, pretendemos informar a toda a veciñanza dos pasos e das medidas que adoptou este Equipo de Goberno para conseguir que o noso Concello sexa viable. Primeiro, debemos recoñecer que n...