Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

Premio ao Centro Social de Cornido

Nos últimos días vimos de coñecer a nova de que o Centro Social de Cornido consigueu unha mención nos prestixiosos Premios Nacionais de Arqitectura e Urbanismo do 2020, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/carnota/2021/01/29/centro-social-cornido-carnota-citado-premios-nacionales-arquitectura/00031611945739509419494.htm feito polo cal estamos encantados de que se recoñeza unha proposta prantexada polos veciñxs e recollida nunha das múltiples asambleas veciñais levadas a cabo polo anterior goberno municipal do BNG. Soio nos queda felicitar aos autores da obra (diseñada por Juan Creus e Covadonga Carrasco), e sobre todo a veciñanza de Cornido e que poidan disfrutar dun centro digno onde poder desenvolver con normalidade as actividades propias dunha asociación veciñal tan dinámica como ten demostrado a cotío. Esta obra foi executada dentro das obras incluídas no Plan de Obras e Servizos do 2017, rematada no 2019 e que recentemente (a finais do 2020) foilles entregado aos veciñx...

INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 28 DE XANEIRO 2021 E APROBACIÓN POS 2021

INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 28 DE XANEIRO 2021 E APROBACIÓN POS 2021 Onte tivemos pleno ordinario no noso concello a continuación imos facer un resumo dos puntos da orde do día e da proposta do BNG para modificar o POS 2021 que nos presentou o alcalde. . Como xa sabedes e ante a falta dunha reunión dos portavoces dos grupos da corporación para consensuar as obras deste POS   presentamos unha serie de propostas. Despois da nosa publicación o alcalde chamounos para explicar as súas propostas, non para chegar a un acordo . . Con antelación ao pleno presentamos unha proposición para ser debatida e votada. O apoio do BNG, como así o explicamos no pleno, estaba condicionado á aceptación da nosa proposta de incluír o proxecto “aparcadoiro de autocaravanas en Lariño” na achega provincial e non no Plan Complementario. O alcalde comprometérase por escrito a incluílo no POS 2021 e non no complementario. A proposta do alcalde, era destinar a cantidade de 102.192,85€ a gastos correntes ...

Propostas do BNG Carnota para incluir no POS+ 21

  A nte a falla dunha invitación por parte do alcalde para que entre todos os grupos políticos que conforman a corporación municipal acordar as obras que deben incluírse no plan de obras da Deputación POS+2021, como se facía cando gobernaba o BNG, fixémoslle chegar ao goberno local unha serie de propostas para que sexan tidas en conta á hora de elaborar o plan de obras da Deputación. D ende o BNG esiximos un reparto equitativo entre todas as parroquias e lugares. Ao noso Concello correspóndenlle 293.885,08€. Estas son as nosas propostas: . Saneamento en Louredo. . Continuar co saneamento en Vilar de Parada. . Saneamento en Quilmas. . Continuar co saneamento en Panches. . Saneamento na Fontiña en Caldebarcos. .   Saneamento en Maceiras. . Arranxar a carretera da montaña. .   Mellora ambiental do campo de futbol de Lariño. . Saneamento do Rueiro interior no Pindo. . 2ª fase do empedrado de Mallou. . Saneamento en Rates-Lira. . Saneamento na ca...