Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta programa

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón

Parabéns á veciñanza da Montaña de Carnota! O seu local social xa é unha realidade

Os veciños da Montaña de Carnota ven cumplido un dos seus desexos, axiña poderán disfrutar do seu novo Centro Social construído no Valadiño. Dita actuación levouse a cabo grazas ao financiamento con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña do ano 2018, aprobado polo anterior goberno do BNG e co apoio unánime de toda a Corporación Municipal, atendendo así as reiteradas demandas veciñais recollidas nas diversas asembleas que tiñan lugar con carácter periódico dando verdadeiro protagonismo ao pobo, mediante unha efectiva participación veciñal. Parabéns a veciñanza da Montaña e agardamos poidan disfrutar dun espazo tan necesario para a dinamización socio-cultural da zona.          

Carnota porá en valor o Olimpo Celta e as súas «cabaseiras» con cadanseu Centro de Interpretación

Se hai algo que se botou en falta sempre en Carnota foi a ausencia de centros de interpretación para a musealización e posta en valor do seu amplísimo patrimonio histórico, natural e etnográfico. Se ben, no primeiro caso, a posta en marcha neste mandato do Museo Aberto de Carnota supuxo un importante avanzo, seguimos sen contar con espazos físicos onde coñecer a ampla diversidade natural e cultural do Concello. Pois ben, de continuar o BNG no goberno, Carnota non contará con un senón con dous Centros de Interpretación: un centrado nos valores naturais e xeolóxicos do Monte Pindo e outro dedicado ao riquísimo patrimonio etnográfico, centrado nos hórreos que son un dos nosos sinais de identidade. Fermosa panorámica desde o Monte Pindo coa praia de San Pedro do Pindo debaixo ( cc ) O Centro de Intepretación do Monte Pindo fará xustiza á falta de investimentos públicos neste espazo O Monte Pindo, xoia da coroa de Carnota, supón un grandisimo recurso e polo de atracción que, corr...

O Auditorio de Carnota será pronto realidade en San Mamede

Rematando coa quinta das nosas  proposta ⭐ estrela  do noso Programa , unha vez coñecidas as da parroquia de  O Pindo ,  Lariño , Carnota e Lira , o BNG presenta a que ten previsto desenvolver no vindeiro mandato na parroquia de San Mamede . Outra vella demanda da nosa veciñanza e dos seus axentes sociais é a carencia dun recinto municipal que poida acoller eventos culturais, musicais, etc... de certa entidade. Tradicionalmente o Salón de Actos do Concello ten suplido esta carencia en multitude de ocasións, pero o seu aforo é bastante limitado; os novos tempos fan necesario un local cun aforo maior, e por iso o BNG traballa pola creación do Auditorio de Carnota  no Viso, que permitirá a organización de todo tipo de espectáculos e eventos musicais e culturais. A posta en marcha deste recinto poderemos ampliar a programación cultural do noso municipio, incluílo na Rede Cultural provincial e multiplicar as posibilidades que ten Carnota para acoller eventos no...

A muller merece desenvolver a súa vida nun entorno libre de violencia e discriminacións

Acción en Carnota en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo Unha das maiores transformacións vividas no Concello de Carnota nos últimos anos foi o aumento significativo da sensibilización sobre as problemáticas específicas que sofren as mulleres, e moi nomeadamente no sentido das discriminacións e das violencias machistas, que motivaron medidas e políticas específicas. O goberno local do BNG de Carnota asumiu con absoluta convicción que un executivo municipal non pode permanecer impasíbel ante esta lacra ou percibila coma algo estrutural ou alleo, agardando tan só a saír a lamentarse ante o seguinte caso mediático de violencia machista; o goberno debe ser totalmente consciente da gravísima problemática que segue a suporlle ás mulleres o machismo aínda inherente en parte da nosa sociedade, e ten que ser proactivo tanto na diagnose coma na prevención e corrección de situacións de posíbel discriminación contra as mulleres. Por iso o goberno de Carnota, a tra...

Tras Cornido e a Montaña, seguiremos aumentando e mellorando a rede de centros sociais para a veciñanza

O Centro Social de Cornido xa está rematado e á disposición da veciñanza Unha das principais apostas do BNG de Carnota nesta lexislatura para contribuír a participación e a autoorganización veciñal foi a implantación de novos centros sociais ; é dicir, locais veciñais de titularidade municipal que veñen a subsanar a carencia de espazos de reunión e de celebración de eventos en moitos dos núcleos do noso Concello, sobre todo nos máis pequenos e rurais. O BNG seguirá apostando pola ampliación da rede de centros sociais á disposición da nosa veciñanza. Neste mandato xa logramos crear dous, en  Cornido e Outeiro . O primeiro xa está en marcha e á enteira disposición dos seus usuarios, a veciñanza de Cornido, e de feito vimos de empregalos en varios actos do BNG neste fermoso núcleo situado ante os pes do Monte Pindo. O segundo aínda non está dispoñíbel pero o proxecto  xa foi elaborado, financiado e sometido a información pública , por tanto coas obras a piques de iniciars...

A infancia, o mellor tesouro de Carnota, xa é e seguirá sendo a dona do seu futuro

Milucho Louro no I Foro de Debate organizado por esta pioneira entidade xuvenil. Se algo logrou demostrar o executivo municipal de Carnota todos estes anos é que para o BNG a mocidade é algo máis que unha consigna á hora de facer campaña para tentar quedar ben cada catro anos; a nosa convicción é que hai que darlle a voz á infancia , pois é a verdadeira depositaria do futuro do noso Concello e da nosa nación; ao facelo descubrimos ata que punto saben perfectamente o que queren e como conseguilo. Por iso o BNG puxo en marcha no pasado mandato o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021) , que deu como principal froito o nacemento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia , un organismo que vén a funcionar coma un executivo municipal "paralelo" conformado integramente por nenos e nenas do municipio. O BNG apostará por darlle plena autonomía para debater os seus problemas, tomar as súas decisións e mesmo dispoñer dun pequeno orzamento que poden d...

Apostamos pola mellora das praias do noso Concello mediante un plan integral

Praia de Boca do Río, unha das máis fermosas e concorridas do municipio (fonte: Flickr de Irene Serrat ) O BNG de Carnota repasa as súas principais apostas programáticas para seguir explorando as potencialidades do noso Concello. Entre elas, unha das que será obxecto de maior atención no caso de revalidar o equipo de Milucho Louro o goberno municipal, serán as praias , un dos maiores atractivos do noso Concello. O noso municipio conta con case medio cento delas, moitas delas practicamente virxes, e somos conscientes que cun repertorio tan amplo non sempre dispoñen dos servizos que veciñanza e visitantes demandan. Máis e mellores servizos para veciñanza e visitantes Por iso, o BNG activará un Plan integral de mellora de servizos das praias máis concorridas e populares do municipio, nas cinco parroquias. Estes areais de cabeceira acollerán unha serie de atencións, mellorando os seus accesos e pasarelas (no seu caso), ampliando a rede de duchas, e dotando tamén de aseos públicos toda...

O BNG asume as iniciativas recollidas en case 20 asembleas nas que participaron case 500 persoas

  O BNG de Carnota refresca o seu compromiso coa participación veciñal, que non foi espectadora senón parte activa na confección do seu programa electoral. E é que cando se lle da a voz á xente para que comuniquen as súas necesidades, é cando se ve ata que punto as súas propostas son do máis sensatas e acaídas para mellorar o día a día da nosa veciñanza. Esta aposta por confiar no pobo para resolver os problemas do pobo deu os seus froitos durante os últimos 8 anos de goberno local nacionalista, e desterrou -de momento e, agardamos, para sempre- etapas nas que se gobernaba en base a ocurrencias, a cada cal máis disparatadas, que hipotecaban durante décadas as arcas municipais máis que á hora da verdade non supoñían mellora perceptíbel algunha na calidade de vida da veciñanza. Nesta ocasión, o BNG desenvolveu 14 asembleas veciñais presenciais nos distintos lugares do municipio, ás cales hai que sumar un innovador encontro online coa Carnota emigrada que non pode acompañarnos fi...

Presentamos o Programa de Goberno 2019-2023 que fará de Carnota un lugar para vivir

O BNG de Carnota presenta o proxecto que aspira a converterse, co apoio masivo da veciñanza o 26 de maio, no Programa de Goberno que transformará Carnota entre os anos 2019 e 2023. Este documento non está inzado de ocurrencias nin de obras faraónicas que hipotequen durante décadas o futuro de Carnota; sen embargo este documento si está inzado da creatividade da nosa veciñanza, que en case 20 actos e reunións (presenciais e mesmo online) con toda a nosa veciñanza e cos axentes sociais, ás que asistiron preto de 500 persoas, que nos fixeron saber en primeira persoa cales son as súas dúbidas, preocupacións e esperanzas. A eles corresponde enteiramente a autoría deste documento que asumimos, desde xa, como folla de ruta para facer de Carnota un lugar para vivir, ao que convidamos tamén toda a veciñanza que queira un futuro mellor para este Concello, pois aínda que todos sabemos que Carnota é un dos Concellos máis fermosos da costa galega, o máis valioso que ten Carnota son as súas pe...

O BNG conclúe as Asembleas veciñais que servirán para elaborar o Programa

O domingo terá lugar un último encontro coa Carnota emigrada Desde a exitosa presentación de Milucho Louro en xaneiro , o BNG de Carnota está a toda máquina e leva a desenvolver desde hai pouco máis de 2 meses asembleas veciñais por todas as parroquias e lugares do noso Concello, con obxecto de explicar a acción de goberno desenvolvida durante estes 4 anos, recoller todas as propostas e ideas que formarán parte do noso Programa de Goberno 2019-2022, e por suposto presentar en sociedade ao noso flamante candidato á alcaldía Milucho Louro . Desde a primeira asemblea, celebrada o 2 de febreiro en Lariño, ata a última celebrada onte mesmo en Mallou, tiveron lugar nada menos que 13 reunións, pasando tamén por Lira, Carnota, San Mamede, Caldebarcos e Panchés, A Montaña, Louredo, Canedo, Quilmas e A Curra, Pedrafigueira, Cornido e O Pindo. A isto tamén temos que sumar a participación a través da nova app do BNG , os encontros mantidos con diversos axentes sociais e culturais do municipi...

Emilio Louro, novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Moncho Noceda pon fin á súa traxectoria na alcaldía cunha aposta pola continuación do proxecto do BNG e pola renovación das ideas Emilio Louro, Milucho, candidato do BNG Carnota A Asemblea Local do BNG de Carnota proclamou esta tarde por unanimidade a Emilio Louro Lamela , máis coñecido entre a nosa veciñanza coma Milucho, como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión chegou despois dun proceso de reflexión interna iniciado logo de que Moncho Noceda, actual portavoz e rexedor do noso municipio, comunicara recentemente á Asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota, ao atoparse xa preto da súa idade de xubilación. Foi precisamente Moncho o encargado de transmitirlle a Milucho que fora proposto pola asemblea. Finalmente aceptou, segundo explicou, pola necesidade de continuar co proxecto nacionalista que levou a Carnota en só oito anos de ser un concello intervido e ao borde da insolvencia a ser viábel e estar saneado, mantendo e mesmo mello...

A Moa, o voceiro local do BNG de Carnota, a piques de cumprir 35 edicións e 22 anos de historia

O BNG de Carnota logrou reunir e publicar, grazas á colaboración veciñal, todos os exemplares antigos Portada do nº 8 , lanzado en 1997 Se hai algo tradicional na política local de Carnota son os tránsfugas, e a revista A Moa , voceiro local do BNG e Galiza Nova de Carnota. Non casualmente chámase coma a atalaia do Olimpo Celta, desde a que se vixían desde millóns de anos os devires das terras bañadas pola fouce de Carnota, e desde a que levamos case un cuarto de século informando a toda a veciñanza de Carnota diseminada polo mundo adiante da actualidade do seu Concello desde a óptica do nacionalismo local, e tamén denunciando, sempre cun punto de vista retranqueiro e incisivo, as numerosas trapalladas que por desgraza se teñen cometido nestes confíns. Os cadriños da Moa, sempre cheos de humor e reivindicación A piques de cumprir os seus 22 anos e 35 edicións, A Moa fixo sitio nos nosos fogares para todo tipo de contidos: novas de actualidade, resultados electorais, sisudas aná...

Compromiso coa mocidade: Carnota inaugura hoxe a súa Casa da Xuventude e local de ensaio

O compsromiso adquirido polo BNG coa mocidade do noso municipio na pasada campaña electoral xa é por fin unha realidade: esta noite inaugúrase en Lamas de Castelo (Pedrafigueira) a Casa da Xuventude de Carnota , unhas novas instalacións destinadas ao uso e goce da mocidade do noso concello, e que contará, entre as súas instalacións destacadas, un local de ensaio a dispor dos grupos e artistas musicais do noso municipio, e do que pronto se presentará o regulamento de uso. Cartel do acto inaugural. Fonte Para este proxecto o Concello de Carnota acondicionou un local municipal en desuso sito en Lamas de Castelo . Despois de varios meses de traballos, que contaron coa axuda da Deputación da Coruña , por fin esta noite, 24 de marzo terá lugar a inauguración das instalacións por todo o alto, para o que se contou coa colaboración imprescindible da Asociación Gremio de Músicos de Carnota . A cita arrinca ás 20:00h cunha c hurrascada, tras o que se desenvolverá unha charla sobre as as...

Carnota activa o Banco de Leña para combatir a pobreza enerxética e os abusos das eléctricas

O goberno municipal do Concello de Carnota anuncia que desde esta semana pon en marcha o Banco de Leña , unha pioneira iniciativa mediante a que facilitará á veciñanza en risco de pobreza enerxética madeira gratuíta coa que quencer os seus fogares nestas datas. A iniciativa, anunciada xa no seu día no programa electoral nacionalista , revelouse agora absolutamente necesaria por mor das baixas temperaturas, que foron aproveitadas polas compañías eléctricas para aprobar unha suba completamente abusiva da tarifa eléctrica, con impunidade absoluta e a total condescendencia dos gobernos do Partido Popular. Coa posta en marcha desta medida o goberno local agarda paliar o efecto que estas subas puideran provocar á veciñanza que xa está a pasalo mal e que poida ver as súas circunstancias incluso agravadas. O goberno xa adoptou as medidas necesarias para regular este novo servizo que Carnota comezará á prestar á súa veciñanza de inmediato. As persoas que reúnan os requisitos socioeconómico...

O povo é quem mais ordena!

O BNG obtén a maioría absoluta en Carnota tras obter 1.271 votos e 6 edís Por unha vez fíxose o imposíbel e o equipo liderado por Moncho Noceda deu a sorpresa despois de medrar 228 votos con respecto a hai catro anos e de vencer en 5 das 6 mesas electorais do Concello de Carnota. En total a candidatura do BNG - Asembleas Abertas obtivo 1271 votos , o 49,42% dos sufraxios a partidos que se emitiron, mentras que hai catro anos obtivera 1043 votos, o 34,05% dos emitidos. O PP, que hai catro anos fora o partido máis votado con 1383 votos, o 45,15% dos emitidos, sufriu un retroceso de 560 votos, situándose nas 823 papeletas, un 32% do total. O PSOE pola súa banda tamén descende en votos, e se hai catro anos obtivera 637 votos, o 20,8% do total, nesta ocasión perde 159 e quédase con 478, o 18,58% do total. Asi, en base á lei d'Hondt, os resultados finais son de 6 edís do BNG, 3 do PP e 2 do PSOE , quedando a Corporación Municipal 2015-2019 configurada do seguinte xeito: Moncho N...

A mocidade terá un centro xuvenil en Pedramarrada e un festival de rock

A aposta do Concello de Carnota pola cultura e a mocidade reforzarase na vindeira lexislatura cunha serie de actuacións que xa está a concretar coa mocidade activa do Concello. O edificio de Pedramarrada albergará un Centro Xuvenil se a Xunta non nos devolve o Centro de Día A proposta máis notábel será a creación dun Centro xuvenil en Pedramarrada , no edificio hoxe en desuso do Centro de Día. No caso de que a Xustiza non revirta o discutido traslado deste servizo ao veciño concello de Muros imos destinar este edificio a Centro Xuvenil en acordo con varios colectivos, un lugar onde a mocidade do Concello poida reunirse e organizarse, e dispoña dunhas instalacións con conexión a Internet, ludoteca, biblioteca xuvenil e local de ensaio, entre outros servizos. A intención é que esta nova instalación non sexa un contedor pechado senón que teña unha dinámica propia e que a mocidade non só sexa usuaria senón peza clave do seu funcionamento, para que o centro se adapte ás necesidades da xe...

Axenda de mitins

Mitin do BNG en Quilmas Venres 15 de maio ás 20:00h na praza do lugar Mitin do BNG en Lariño Sábado 16 de maio ás 20:00h no Centro Social José de Torea Mitin do BNG no Pindo Domingo 17 de maio ás 18:00h no Colexio Público do Pindo Mitin do BNG en Mallou Luns 18 de maio ás 20:00h no Centro Social Mitin do BNG en Cornido Martes 19 de maio ás 20:00h diante do taller de Nacho Porto Mitin do BNG en Canedo Mércores 20 de maio ás 19:00h diante do Parque Infantil Mitin do BNG en Louredo Mércores 20 de maio ás 20:00h no Cruceiro Mitin do BNG en Pedrafigueira Xoves 21 de maio en horario por confirmar no medio do lugar Mitin de peche de campaña BNG en Lira Venres 22 de maio ás 20:00h na Casa do Mar