Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

Saneamento de Lariño

27 son as emendas presentadas polo BNG da Costa da Morte das 505 que presenta o BNG aos orzamentos da Xunta de Galiza. Unha desas emendas, a 125(26) recolle a seguranza viaria e dotación de servizos en varias estradas, entre elas a AC550 que cruza o noso Concello. E como nos comprometemos no seu día ca veciñanza de Lariño, a emenda 154(9) que reclama o saneamento de Lariño. Lembremos que xa van unhas cantas veces que o BNG presenta esta emenda aos orzamentos da Xunta. Esta obra xa ten proxecto, está presupuestada (922.509,96€) e é de vital importancia xa que se trata da rede principal de saneamento (imprescindible para levar a cabo o saneamento). Xa no ano 2012 Augas de Galiza contesta ao requerimento feito polo goberno municipal do BNG que “non existen posibilidades orzamentarias”, pois ben, esperamos que nestes orzamentos o PP que goberna na Xunta cumpra dunha vez por todas coas súas obrigacións dotando de partida orzamentaria o proxecto de saneamento de Lariño.

PREGUNTAS E PROPOSTAS DO BNG NO PLENO DO XÓVES 28 DE XANEIRO

No pleno do xóves pasado tamén presentamos unha serie de propostas e preguntas que imos ir debullando. •         Cal foi o volume de madeira que se cortou en Lamas e canto ingresou o Concello por esa madeira?             Resposta : O concello non ingresou nada. Cortáronse por manter a franxa de seguridade. Cortounos un autónomo a cambio de quedar coa madeira.   O alcalde saltándose todos os procedementos manda cortar uns piñeiros sen saber que cantidade van cortar, o volume da madeira e o prezo da mesma. Queremos lembrarlle ao alcalde que no noso concello existe un banco de leña para persoas necesitadas, ou xa non? •         Que trámites está a facer o Concello para o cumprimento da súa promesa electoral de promover a creación dunha residencia da 3ª idade en Carnota? Ao alcalde parécelle raro que se lle faga unha pregunta do seu programa ele...