Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta .lariño

O PP rexeita no Parlamento todas as propostas do BNG aos orzamentos, incluindo o saneamento de Lariño e a reforma do CEIP de Carnota

O BNG vén de denunciar o abandono da Costa da Morte por parte do PP logo de que os populares rexeitaran no Parlamento galego todas as emendas presentadas polos nacionalistas aos orzamentos da Xunta para 2025, e que teñen que ver con diversas actuacións e melloras para a comarca. Entre as propostas presentadas polo BNG destacan a do remate da autovía da Costa da Morte, con conexións ao polígono de Vimianzo e Cee, así como o enlace do peirao de Brens co parque empresarial ceense. Diversas melloras na sanidade pública e dotación de persoal para o hospital comarcal “Virxe da Xunqueira” centran outra das emendas, que iría acompañada dunha inversión de 2’5 millóns de euros. A formación nacionalista propuxo ademais a reparación e mantemento en profundidade dos portos de Camelle, Camariñas e Muxía, e actuacións para a mellora integral da área portuaria de Fisterra. Todo elo por unha contía de 2’3 millóns de euros. O saneamento integral da ría de Corcubión e a posta en funcionamento do centro d...

POS 2024: o goberno local modifica o plan sen contar coa oposición

No pleno municipal do día 2 de agosto de 2024, o goberno local modificou o POS, Plan de Obras da Deputación, facendo uso da súa maioría e sen contar coa oposición. Desde o BNG de Carnota denunciamos que esta modificación volve evidenciar un problema de fondo: o Concello non conta cun plan de obras propio, claro e pactado, que ordene as prioridades do municipio e dea resposta equilibrada ás necesidades das parroquias e lugares. Coa modificación aprobada polo goberno local, o POS quedaría distribuído do seguinte xeito: Obras do POS: Lira, saneamento: 113.053,10 euros. Lariño, recollida de augas: 65.513,41 euros. O Viso, aseos públicos: 31.533,81 euros. Gastos correntes: 115.000 euros. Plan adicional: Lombáns, galería no campo de fútbol: 79.408,43 euros. Quilmas, reparación de pista: 44.360,99 euros. Gastos correntes: 162.093,81 euros. Na modificación desaparecen do plan adicional as actuacións de saneamento previstas para Parada, por importe de 115.609,57 euros, e para O Pind...

Crónica do pleno do 2 de febreiro de 2024

No pleno ordinario do Concello de Carnota celebrado o día 2 de febreiro de 2024 aprobáronse varios asuntos de interese municipal, entre eles o Plan de Obras da Deputación e unha moción presentada polo BNG sobre o estado das instalacións e o funcionamento da planta de tratamento de residuos da Mancomunidade Serra do Barbanza. O BNG apoiou a aprobación do POS O pleno aprobou por unanimidade o Plan de Obras da Deputación, POS 2024. O acordo inclúe diferentes actuacións repartidas polo concello, tanto dentro do POS ordinario como no plan adicional, este último dependente da existencia de fondos da Deputación e dunha nova aprobación. Dentro das obras do POS figuran as seguintes actuacións: Lira: saneamento, cun investimento de 113.053,10 euros. Lariño: recollida de augas, cun investimento de 65.513,41 euros. O Viso: aseos públicos, cun investimento de 31.533,81 euros. Gastos correntes: 115.000 euros. No plan adicional inclúense tamén as seguintes actuacións: Parada: saneamento, cun ...

Macroeólicos en Carnota, ASI NON!

Nos últimos días fomos coñecedores do proxecto eólico que se pretende levar a cabo no Cabazo e que afectaría ao noso Concello. Polo que percibimos hai unha total falta de transparencia por parte do Goberno da Xunta e do Goberno Central en todo o que rodea a este tipo de proxectos especulativos. Pola información de que dispoñemos e recabada pola nosa parte nos últimos días sabemos que a empresa Green Capital Power, con domicilio social en Pozuelo de Alarcón (Madrid), presentou xa o ano pasado (en plena pandemia) o proxecto ou plan previo “Parque Eólico do Cabazo” e que desde o 8 de marzo deste ano o proxecto está para avaliación ambiental ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Descoñecemos se a empresa ten presentada a solicitude para a súa instalación. No día de hoxe, a petición nosa, mantivemos unha reunión co alcalde que nos di que no Concello non teñen ningunha comunicación oficial deste proxecto, durante a mesma desde o ...

Triste adeus á caseta de Miché, no entorno do Faro de Lariño

No día de onte os veciños de Lariño puideron asistir con asombro como a “Caseta de Miché” era derrubada por Costas coincidindo coas melloras da pasarela de acceso á praia, dentro do plan que a Demarcación de Costas de Galicia está facendo ao longo da Costa galega de reparación das pasarelas existentes. Varios veciños e veciñas contactaron connosco para solicitar información ao respecto, e en base á información que puidemos recabar, temos a ben trasladala a toda a veciñanza por esta vía para o seu coñecemento: Xa fai anos era intención de Costas proceder ao derrubo da caseta e así llo ten trasladado a Moncho Noceda durante a última etapa de goberno do BNG, xa que pedían que o Concello iniciara o pertinente expediente de expropiación, mais o anterior alcalde negouse rotundamente. Con motivo do Pleno celebrado onte, xoves 27 de maio, o grupo municipal do BNG formulou unha pregunta ao Sr. Alcalde Juan Manuel Saborido sobre se era coñecedor desta actuación por parte de Costas,...

Beirarrúas do Concello sen arranxar

O máis escancaloso en Lariño e xa vai para tres meses! O Alcalde e a Tenente de Alcalde din no anterior pleno que non se arranxa porque é de carreteras e non van a gastar cartos do Concello. Parece ser que para o goberno local a beirarrúa en Pedrafigueira non é de carreteras e pese a estar en bo estado recórtana máis de 4 metros perxudicando a veciñanza. Cal é o motivo e a urxencia para que aquí si se gasten os cartos do Concello?                       

Propostas do BNG no pleno do pasado 5 de abril

No pleno do día 5 de abril pasado dende o BNG fixemos as seguintes propostas: Controlar e selar os distintos vertedoiros incontrolados existentes ao longo do Concello. Algún deles xa foron selados no seu día polo anterior goberno municipal do BNG.   · Arranxo da beirarrua de Lariño , afundida o pasado 11 de febreiro, como consecuencia do último temporal. Vai xa para dous meses e séguese sen reparar co consecuente trastorno para os viandantes que non poden transitar por este punto, véndose na obriga de ir pola estrada xeral, co perigo que iso conleva, e máxime cando, é unha zona moi transitada polas nenas e nenos que van cara a pista polideportiva e o parque infantil da Lomba da Granda.   · Gravación dos plenos . Existe un gran interese por parte da veciñanza de Carnota en coñecer as posturas e puntos de vista dos distintos grupos municipais do Concello nos temas abordados nos plenos, mais aló do que cada grupo publica polas súas vías, para elo, e como xa prantexamos no seu dí...