O BNG de Carnota inicia hoxe con ilusión a campaña electoral que agardamos que nos leve o 24 de maio a obter unha maioría suficiente para continuar o noso proxecto de goberno na etapa 2015-2019 sen problemas nin chantaxes. O inicio da campaña pecha unha intensa rolda de Asembleas Veciñais polos lugares de Carnota, Lariño, Adraño, San Mamede, Mallou, Caldebarcos, Lira, O Pindo, Quilmas, Cornido, Panchés, Pedrafigueira, Canedo, Louredo..., 17 actos en total, para rendir contas ante a veciñanza de todo o traballo desenvolvido polo goberno municipal durante estes catro anos e tamén recoller as propostas que a xente quixera facer ao que será o noso programa de goberno 2015-2019 . Estas reunións servíronnos para pulsar un gran compromiso veciñal con esta nova forma de gobernar co pobo e para o pobo, e tamén unha enorme comprensión da xente coa grave situación económica que atravesa o Concello de Carnota e que nos imposibilitou desenvolver algúns proxectos interesantes. Estimamos que duran...