Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2007

O paseo marítimo do Pindo, unha realidade moi próxima

Despois dun proceso longo e tortuoso, o concello de Carnota está a piques de ver cumprida unha reivindicación histórica dos veciños do Pindo: o seu paseo marítimo no borde urbano da praia de San Pedro e recuperación do entorno do areal, actualmente moi degradado. A empresa Hispania OC Galaica foi finalmente a adxudicataria do proxecto orzamentado en 1,3 millóns de euros e consistente en, ademais do propio paseo peatonal, no saneamento de franxa litoral urbana, río e canles, e complementarase tamén cunha senda peatonal ata Os Mouchos e un mirador na Cruciña, dentro do plan de rutas de sendeirismo promovido polo Concello para poñer en valor o noso patrimonio tradicional e paisaxístico. Outro dato moi salientábel é que o proxecto respectará o histórico edificio do Pósito dos Mariñeiros do Pindo, cuxo derribo era condición innegociábel no proxecto de paseo marítimo contemplado polo anterior alcalde de Carnota Xosé Oreiro (PP). Precisamente boa culpa da tardanza no proxecto se debeu aos esf...

Pronunciamento do BNG de Carnota a respeito das ampliacións solicitadas pola empresa Stolt Sea Farm

Comunicado dos compañeiros do BNG no equipo de goberno, a instancias do alcalde Manolo García: Ante as solicitudes cidadás de toma de posición ao BNG de Carnota e en particular aos nosos compañeiros no goberno no concello de Carnota no referente á posíbel ampliación das piscifactorías, queremos manifestar: O concello de Carnota atópase nunha preocupante situación de despoboamento por mor da escasa xeración de postos de emprego, o que da lugar a un fenómeno migratorio masivo, especialmente no sector poboacional xuvenil. Os membros nacionalistas na corporación municipal posiciónanse inequívocamente a favor da ampliación das plantas acuícolas localizadas no noso Concello, tal e como foi proposto pola xerencia da empresa Stolt Sea Farm S.A. radicada en Lira, co firme convencemento de que a xeración dos postos de traballo necesarios amortiguará a alarmante tendencia ao déficit poboacional do municipio. O BNG de Carnota e os seus representantes na corporación municipal velarán porque as dita...