Detalle dun muro do sitio arqueolóxico. Imaxe: Anón Malde O recente descubrimento dos restos dunha fortificación de dúas hectáreas ata agora descoñecida no Monte dos Castros de Lira, que algúns xa identifican coa desaparecida Torre dos Mouros que citan certas fontes documentais do pasado século, levou ao Concello de Carnota a convocar a toda a veciñanza a unha xuntanza na Casa do Concello mañá venres 11 de maio desde as 20:30 horas , co gallo de explicar ao detalle un novidoso proxecto para recuperalo e investigalo. O proxecto prevé facer unha limpeza de superficie e mesmo unha pequena excavación co gallo de obter datos que permitan aclarar a súa procedencia e funcionalidade, perdidas desde a noite dos tempos debaixo dunha mesta mata de terra e toxos. E será necesaria a colaboración de todos, pois para determinadas fases dos traballos será precisa a participación de voluntariado. O BNG de Carnota aposta porque a crise e a falta de recursos do momento non supoñan un impedimento á...