Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta .canedo

O BNG lanza o nº 36 do seu voceiro local A Moa

O BNG de Carnota xa distribuiu a cada casa do noso municipio un novo número, o 36, do seu voceiro local A Moa , publicación de referencia da política carnotá que leva editando a Asemblea local do BNG de Carnota desde hai 25 anos. Este exemplar vai dirixido fundamentalmente a valorar os resultados das pasadas eleccións municipais e as circunstancias que levaron a eles, asi coma un repaso á situación na que o BNG deixa o municipio (excelente, en relación á herdanza que recibiu do PP en 2011) a tamén o rexeitamento veciñal á desorbitada proposta económica que puxo o PSOE enriba da mesa, e que supón un incremento dun terzo respecto ao salario que tiña Moncho e converter Carnota no segundo municipio da comarca no que máis paga cada habitante ao seu alcalde. Revista A Moa Nº 36 - xullo de 2019 Sumario Belén Campos, nova portavoz municipal do BNG de Carnota. Resultados das eleccións municipais. Milucho Louro renuncia a tomar posesión coma concelleiro O ataque contra o fogar de Milucho...

Graciñas pero non puido ser: O BNG de Carnota pasará á oposición os vindeiros 4 anos

O BNG de Carnota vén de sufrir unha derrota nas eleccións municipais, tras ceder 3 dos seus 6 escanos actuais, os mesmos que medrou o PSOE, gañador da cita coas urnas nunha xornada electoral cunha participación que rondou o 70%, lixeiramente superior á rexistrada hai 4 anos. En canto aos resultados por mesa, que podedes ver no cadro, o BNG gañou en dúas urnas (Lariño e Caldebarcos), mentras que en San Mamede fomos segunda forza a só 6 votos do PP, que tamén gañou en Carnota, mentras que o PSOE gañou no Pindo e en Lira, que resultou ser a mesa que lle valiu a vitoria. Felicitamos ao PSOE de Carnota, e ao seu candidato Juan Manuel Saborido Rama, Moma, polos resultados. En canto ao BNG de Carnota, tomamos nota da mensaxe dura pero clara da nosa veciñanza: o povo é quem mais ordena , e ordenou que o BNG pase á oposición os vindeiros catro anos. Agora será tempo de analisar erros e acertos, e poñerse desde xa a traballar para desenvolver unha oposición activa e constructiva que siga ...

Para facer de Carnota un lugar para vivir... vota BNG!

Pequeno fotoresumo dos actos e iniciativas da campaña do BNG Co cheo absoluto rexistrado hoxe no acto de peche de campaña de Lira, concluíu a campaña política do BNG para facer de Carnota un lugar para vivir , poñendo o colofón a uns duros meses de traballo moi intenso, que empezou practicamente no mesmo momento da elección unánime de Milucho Louro coma o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota , en agosto. A partir de aí, no BNG comezou unha ilusionante misión colectiva con tres obxectivos principais: dar a coñecer ao flamante candidato , confeccionar unha excelente candidatura , e iniciar un proxecto político transformador para o noso Concello, que continúe facendo gala da honestidade, humildade e transparencia que caracterizou ao executivo de Moncho Noceda estes 8 anos. Para isto desenvolvemos unha intensisima campaña iniciada en xaneiro, e entre os actos de presentación do candidato e da candidatura completa (nos que nos acompañaron Ana Pontón e Ana Miranda) celebramos...

O Auditorio de Carnota será pronto realidade en San Mamede

Rematando coa quinta das nosas  proposta ⭐ estrela  do noso Programa , unha vez coñecidas as da parroquia de  O Pindo ,  Lariño , Carnota e Lira , o BNG presenta a que ten previsto desenvolver no vindeiro mandato na parroquia de San Mamede . Outra vella demanda da nosa veciñanza e dos seus axentes sociais é a carencia dun recinto municipal que poida acoller eventos culturais, musicais, etc... de certa entidade. Tradicionalmente o Salón de Actos do Concello ten suplido esta carencia en multitude de ocasións, pero o seu aforo é bastante limitado; os novos tempos fan necesario un local cun aforo maior, e por iso o BNG traballa pola creación do Auditorio de Carnota  no Viso, que permitirá a organización de todo tipo de espectáculos e eventos musicais e culturais. A posta en marcha deste recinto poderemos ampliar a programación cultural do noso municipio, incluílo na Rede Cultural provincial e multiplicar as posibilidades que ten Carnota para acoller eventos no...

A muller merece desenvolver a súa vida nun entorno libre de violencia e discriminacións

Acción en Carnota en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo Unha das maiores transformacións vividas no Concello de Carnota nos últimos anos foi o aumento significativo da sensibilización sobre as problemáticas específicas que sofren as mulleres, e moi nomeadamente no sentido das discriminacións e das violencias machistas, que motivaron medidas e políticas específicas. O goberno local do BNG de Carnota asumiu con absoluta convicción que un executivo municipal non pode permanecer impasíbel ante esta lacra ou percibila coma algo estrutural ou alleo, agardando tan só a saír a lamentarse ante o seguinte caso mediático de violencia machista; o goberno debe ser totalmente consciente da gravísima problemática que segue a suporlle ás mulleres o machismo aínda inherente en parte da nosa sociedade, e ten que ser proactivo tanto na diagnose coma na prevención e corrección de situacións de posíbel discriminación contra as mulleres. Por iso o goberno de Carnota, a tra...

Tras Cornido e a Montaña, seguiremos aumentando e mellorando a rede de centros sociais para a veciñanza

O Centro Social de Cornido xa está rematado e á disposición da veciñanza Unha das principais apostas do BNG de Carnota nesta lexislatura para contribuír a participación e a autoorganización veciñal foi a implantación de novos centros sociais ; é dicir, locais veciñais de titularidade municipal que veñen a subsanar a carencia de espazos de reunión e de celebración de eventos en moitos dos núcleos do noso Concello, sobre todo nos máis pequenos e rurais. O BNG seguirá apostando pola ampliación da rede de centros sociais á disposición da nosa veciñanza. Neste mandato xa logramos crear dous, en  Cornido e Outeiro . O primeiro xa está en marcha e á enteira disposición dos seus usuarios, a veciñanza de Cornido, e de feito vimos de empregalos en varios actos do BNG neste fermoso núcleo situado ante os pes do Monte Pindo. O segundo aínda non está dispoñíbel pero o proxecto  xa foi elaborado, financiado e sometido a información pública , por tanto coas obras a piques de iniciars...

A infancia, o mellor tesouro de Carnota, xa é e seguirá sendo a dona do seu futuro

Milucho Louro no I Foro de Debate organizado por esta pioneira entidade xuvenil. Se algo logrou demostrar o executivo municipal de Carnota todos estes anos é que para o BNG a mocidade é algo máis que unha consigna á hora de facer campaña para tentar quedar ben cada catro anos; a nosa convicción é que hai que darlle a voz á infancia , pois é a verdadeira depositaria do futuro do noso Concello e da nosa nación; ao facelo descubrimos ata que punto saben perfectamente o que queren e como conseguilo. Por iso o BNG puxo en marcha no pasado mandato o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021) , que deu como principal froito o nacemento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia , un organismo que vén a funcionar coma un executivo municipal "paralelo" conformado integramente por nenos e nenas do municipio. O BNG apostará por darlle plena autonomía para debater os seus problemas, tomar as súas decisións e mesmo dispoñer dun pequeno orzamento que poden d...

O BNG asume as iniciativas recollidas en case 20 asembleas nas que participaron case 500 persoas

  O BNG de Carnota refresca o seu compromiso coa participación veciñal, que non foi espectadora senón parte activa na confección do seu programa electoral. E é que cando se lle da a voz á xente para que comuniquen as súas necesidades, é cando se ve ata que punto as súas propostas son do máis sensatas e acaídas para mellorar o día a día da nosa veciñanza. Esta aposta por confiar no pobo para resolver os problemas do pobo deu os seus froitos durante os últimos 8 anos de goberno local nacionalista, e desterrou -de momento e, agardamos, para sempre- etapas nas que se gobernaba en base a ocurrencias, a cada cal máis disparatadas, que hipotecaban durante décadas as arcas municipais máis que á hora da verdade non supoñían mellora perceptíbel algunha na calidade de vida da veciñanza. Nesta ocasión, o BNG desenvolveu 14 asembleas veciñais presenciais nos distintos lugares do municipio, ás cales hai que sumar un innovador encontro online coa Carnota emigrada que non pode acompañarnos fi...

Presentamos o Programa de Goberno 2019-2023 que fará de Carnota un lugar para vivir

O BNG de Carnota presenta o proxecto que aspira a converterse, co apoio masivo da veciñanza o 26 de maio, no Programa de Goberno que transformará Carnota entre os anos 2019 e 2023. Este documento non está inzado de ocurrencias nin de obras faraónicas que hipotequen durante décadas o futuro de Carnota; sen embargo este documento si está inzado da creatividade da nosa veciñanza, que en case 20 actos e reunións (presenciais e mesmo online) con toda a nosa veciñanza e cos axentes sociais, ás que asistiron preto de 500 persoas, que nos fixeron saber en primeira persoa cales son as súas dúbidas, preocupacións e esperanzas. A eles corresponde enteiramente a autoría deste documento que asumimos, desde xa, como folla de ruta para facer de Carnota un lugar para vivir, ao que convidamos tamén toda a veciñanza que queira un futuro mellor para este Concello, pois aínda que todos sabemos que Carnota é un dos Concellos máis fermosos da costa galega, o máis valioso que ten Carnota son as súas pe...

Axenda de actos de campaña do BNG de Carnota

  Para que vaiades reservando datas na axenda, publicamos a axenda de actos da campaña do BNG de Carnota nas Eleccións Municipais do 26 de maio que se inicia esta medianoite. Venres 10 de maio 19:00 h. Acto público de apertura de campaña en Quilmas , dirixido á veciñanza de Quilmas e A Curra 20:00 h. Acto público en Panchés Sábado 11 de maio 18:30 h. Acto público no Viso 20:00 h. Acto público en Caldebarcos Domingo 12 de maio 19:00 h. Acto público en Carnota 20:30 h. Acto público en Pedrafigueira Venres 17 de maio 19:00 h. Acto público na Montaña 20:30 h. Acto público en Cornido Sábado 18 de maio 18:30 h. Acto público en Canedo 20:00 h. Acto público en Louredo Domingo 19 de maio 18:30 h. Acto público en Lariño 20:00 h. Acto público en Mallou , dirixido á veciñanza de Mallou e Maceiras Martes 21 de maio 12:20-14:00 h. Debate radiofónico en Radio Nordés Xoves 23 de maio 20:00 h. Acto público no Pindo Venres 24 de maio 20:00 h. Acto público de peche de campaña en Lira ...

Facer de Carnota un lugar para vivir

O BNG de Carnota lanza un video que resume o proxecto de Milucho Louro e o seu equipo que, co teu apoio o 26 de maio, traballarán para facer de Carnota un lugar para vivir.

Comeza a singladura para levar a Milucho Louro á alcaldía e a Ana Miranda a Europa

A veciñanza acolliu onte a posta de longo do equipo do candidato que buscará revalidar a alcaldía de Carnota, Milucho Louro , e da persoa que buscará seguir sendo a valedora dos intereses galegos no Parlamento Europeo, Ana Miranda . Os dous procesos electorais votaranse simultaneamente o vindeiro 26 de maio . Nun restaurante Doña Teresa cheo ata o límite do seu aforo, transcurriu unha Cea-presentación conducida polo actor César Cambeiro, quen dou paso primeiro a Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamento Europeo que xa foi todos estes anos a única persoa que trasladou os problemas do tecido social e dos sectores produtivos a Europa, como vén de facer hai só unhas semanas convidando a unha representación da pesca de baixura na que participou o propio Milucho Louro e outros representantes do sector do noso Concello. Ana é a persoa máis idónea e preparada para levar a voz do noso pobo a Bruxelas, e asi llo recoñecen mesmo os seus rivais. Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamen...

Presentamos a candidatura que aspira a converter a Milucho no novo alcalde de Carnota

O BNG presenta á veciñanza de Carnota unha candidatura renovada que aspira a refrendar a súa confianza maioritaria e converter a Milucho Louro no novo alcalde de Carnota, continuando co gran traballo de recuperación municipal iniciado por Moncho Noceda mais insuflándolle ao novo proxecto toda a súa experiencia, imaxinativa e bo facer. Candidatura do BNG de Carnota Candidatura Emilio Louro Lamela, “Milucho” Belén Campos Díaz Manolo Souto Barreiro Pilar Tubío Lariño Iván Franco Caamaño Susana Riveiro Siaba Nicola Lurie Mitchell Jorge Fiuza Barreiro Cecilia Caamaño García Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú" Ramón Noceda Caamaño Suplentes Marupe Armendáriz Villar Cándido Caamaño Lado, “Marcelino” Fátima Dosil Caamaño Marisa Agulleiro Malvarez Marcelino Saborido Lago, “Marcelo” Agustín Lamela Caamaño, “Curral” María Socorro González Otero María Manuela Núñez Garcia Iago Maceiras Dosil Cea-Presentación da candidatura Convidamos á veciñanza de Carnota a a...

Moncho Noceda, nº 11 do BNG de Carnota

Foto: La Voz de Galicia Pechando o tramo titular da candidatura do BNG de Carnota, no nº 11, concurre Ramón Noceda Caamaño , Moncho O Roxo, histórico militante nacionalista e alcalde durante un total de catro mandatos, quen agora decidiu poñer punto e final á súa traxectoria á fronte do goberno municipal, ao atoparse xa próximo á idade legal de xubilación. Pouco queda sen dicir aínda deste veciño de Lira, natural de Lariño, que o foi todo dentro e fóra do Concello. Operario de profesión, e moi querido entre veciñanza e camaradas pola súa humildade, sempre fixo gala dun inmenso compromiso por Galiza que o levou desde rapaz a militar no nacionalismo na clandestinidade, nuns tempos onde iso implicaba o enfrontamento directo coas autoridades policiais dun réxime franquista que se negaba a desaparecer. Moncho (2º pola der.) de sentada na Praza de Galiza en 1983 Moncho viviu de pleno aqueles convulsos e á vez ilusionantes anos nos que o nacionalismo saía da clandestinidade para c...

O éxito do encontro coa Carnota emigrada eleva a participación veciñal a 500 persoas

O BNG de Carnota xa está a redactar o que será o seu Programa de Goberno máis social e participativo, pois basearase enteiramente nas propostas recollidas durante unha intensa rolda de contactos veciñais e sociais nos que participaron preto de medio milleiro de persoas. Sen contar a presentación de Milucho en xaneiro, o BNG desenvolviu 13 Asembleas veciñais, desde a primeira, en Lariño, pasando por Lira, Carnota, San Mamede, Caldebarcos e Panchés, A Montaña, Louredo, Canedo, Quilmas e A Curra, Pedrafigueira, Cornido, O Pindo, e Mallou. Nestas Asembleas asistiron un total de 262 persoas que nos permitiron recoller 108 propostas e iniciativas, ás que temos que sumar outras 25 propostas contabilizadas en distintos encontros con axentes sociais e culturais do municipio, coa asociación empresarial carnotá ACEP , ou recibidas a través da nosa nova App . Éxito do encontro virtual coa 6ª parroquia, a da Carnota emigrada Porén, o grande éxito estaría por chegar onte mesmo, na Asemblea...

[DIRECTO] Asemblea veciñal coa Carnota emigrada

Ségueo desde aqui ou desde a nosa páxina en Facebook onde poderás interactuar

O Concello reinicia a participación veciñal con 13 reunións nun mes

O renovado goberno municipal de Carnota refresca a súa aposta pola plena participación directa do pobo de Carnota nas súas políticas, mediante unha rolda de Asembleas Veciñais que desenvolverá entre o 18 de setembro e o 17 de outubro en 13 lugares do noso Concello. O obxecto destas Asembleas, nas que sempre estarán presentes membros do equipo de goberno, será analizar as actuacións e os proxectos que se consideran necesarios nos distintos lugares, na opinión da súa propia veciñanza. O Pindo : Venres 18 de setembro ás 20 horas Quilmas : Sábado 19 de setembro ás 18 horas Louredo : Xoves 24 de setembro ás 19 horas San Mamede : Venres 25 de setembro ás 20 horas Carnota : Sábado 26 de setembro ás 12 horas Mallou : Mércores 30 de setembro ás 20 horas Canedo : Xoves 1 de outubro ás 19 horas Lira : Venres 2 de outubro ás 20 horas Adraño : Sábado 3 de outubro ás 12 horas Lariño : Mércores 7 de outubro...

Os nosos resultados

Publicamos o desglose de resultados por mesa das Eleccións Municipais do Concello de Carnota 2015. Resultados totais Caldebarcos  Carnota  Lariño  Lira  O Pindo  San Mamede

Axenda de mitins

Mitin do BNG en Quilmas Venres 15 de maio ás 20:00h na praza do lugar Mitin do BNG en Lariño Sábado 16 de maio ás 20:00h no Centro Social José de Torea Mitin do BNG no Pindo Domingo 17 de maio ás 18:00h no Colexio Público do Pindo Mitin do BNG en Mallou Luns 18 de maio ás 20:00h no Centro Social Mitin do BNG en Cornido Martes 19 de maio ás 20:00h diante do taller de Nacho Porto Mitin do BNG en Canedo Mércores 20 de maio ás 19:00h diante do Parque Infantil Mitin do BNG en Louredo Mércores 20 de maio ás 20:00h no Cruceiro Mitin do BNG en Pedrafigueira Xoves 21 de maio en horario por confirmar no medio do lugar Mitin de peche de campaña BNG en Lira Venres 22 de maio ás 20:00h na Casa do Mar

Comeza oficialmente a campaña na que o BNG loitará por lograr a maioría en Carnota

O BNG de Carnota inicia hoxe con ilusión a campaña electoral que agardamos que nos leve o 24 de maio a obter unha maioría suficiente para continuar o noso proxecto de goberno na etapa 2015-2019 sen problemas nin chantaxes. O inicio da campaña pecha unha intensa rolda de Asembleas Veciñais polos lugares de Carnota, Lariño, Adraño, San Mamede, Mallou, Caldebarcos, Lira, O Pindo, Quilmas, Cornido, Panchés, Pedrafigueira, Canedo, Louredo..., 17 actos en total, para rendir contas ante a veciñanza de todo o traballo desenvolvido polo goberno municipal durante estes catro anos e tamén recoller as propostas que a xente quixera facer ao que será o noso programa de goberno 2015-2019 . Estas reunións servíronnos para pulsar un gran compromiso veciñal con esta nova forma de gobernar co pobo e para o pobo, e tamén unha enorme comprensión da xente coa grave situación económica que atravesa o Concello de Carnota e que nos imposibilitou desenvolver algúns proxectos interesantes. Estimamos que duran...