Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2010

O BNG de Carnota presenta alegacións ao POL e convida aos afectados a facer as súas

Tal e como anunciara recentemente , o BNG fai hoxe público as súas alegacións de carácter xeral que vai presentar en breve ao novo proxecto do Plan de Ordenación do Litoral que vén de presentar a Xunta de Galiza. Estas alegacións fundaméntanse nos aspectos que pasamos a explicar para o coñecemento de todas e todos os veciños. O concello de Carnota xa está moi restrinxido urbanísticamente, por verse afectado na práctica totalidade da súa superficie por figuras de protección coma a Rede Natura 2000 ou a Lei de Costas (debendo ter en consideración que o noso concello exténdese por 40 quilómetros de litoral). Aínda entendendo como altamente beneficiosas estas proteccións, que conseguiron atallar a lacra da especulación inmobiliaria na súa etapa máis salvaxe, o BNG defende que a veciñanza si debe contar con zonas para un certo desenvolvemento urbano (regulado e planificado, claro está) asi como para mellorar as construcións xa existentes, o que todos coñecemos como desenvolvemento substent...

O PP recúa ante a presión veciñal e modifica o Plan de Ordenación do Litoral

Ábrese o prazo para que os veciños poidan presentar alegacións Despois da reacción que o Plan de Ordenación do Litoral viñera a subscitar nas poboacións costeiras de Galiza, a Xunta de Feijóo viuse obrigada a recuar e modificar a práctica integridade do proxecto. Sen dúbida, esta inesperada marcha atrás tivo moito que ver coa preocupación dos afectados, e tamén coa resposta política que o BNG deu ao Plan ao longo da costa galega. No caso de Carnota, de feito, o BNG foi a única formación que se ocupou de dar a coñecer o Plan entre os afectados, mentras o PSOE calou e o PP tratou de restarlle importancia e só se preocupou polos intereses dos grandes especuladores urbanísticos, tal e como demostrou o polémico escrito de "observacións" presentado polo Concello de Carnota no que só mentaba ese tipo de propiedades e ningunha dos veciños nin das veciñas. Para poder explicar con fidelidade o Plan á veciñanza, primeiro mantivemos unha reunión co experto en materia urbanística César ...

Revista A Moa nº 32 - Verán de 2010

Edición nº 32 correspondente ao verán de 2010 deste Voceiro local do BNG de Carnota. Sumario: Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral* En breve abrirase o prazo para que os veciños poidan alegar* A Corporación municipal aproba unha iniciativa do BNG para mellorar Correos O BNG rexeita os orzamentos locais porque son insolidarios e non resolven os problemas de Carnota O BNG propón que a corporación carnotá se una para pedir a retirada do abusivo «canon da auga» Fracasa a xestión do Plan E en Carnota, que se converte xa no terceiro concello máis endebedado da provincia O goberno de Carnota endebedado pola súa política represora dos traballadores e traballadoras Un Estatuto de Nación para unha Galiza de Primeira *Actualización: A raíz dos cambios de última hora no Plan de Ordenación do Litoral , decidimos incluír unha separata cos seguintes artigos: O PP recúa ante a presión veciñal e modifica o Plan de Ordenación do Litoral Nuria Pampín,...

Nuria Pampín, elexida nova responsábel local de Galiza Nova de Carnota

A militancia de Galiza Nova elixiu o pasado domingo e por unanimidade a Nuria Pampín Rei como nova responsábel en Carnota. Esta moza de 22 anos, veciña de Lira , toma o testigo no cargo de Mario Maceiras, co obxectivo de continuar cun traballo humilde pero constante ao servizo da mocidade e de Carnota, e tamén co claro reto de dar a coñecer o proxecto nacionalista tamén entre os máis novos. Na reunión, á que asistiu tamén a responsábel local do BNG, Belén Campos, a militancia carnotá decidiu sobre as liñas de traballo para os próximos meses, co obxectivo de continuar a ser a organización xuvenil referencial na localidade, mais sen perder de vista o duro traballo político que vai esixir a cita coas eleccións municipais, que xa se albisca no horizonte. Neste senso, Galiza Nova non pode máis que avaliar de "rotundo fracaso" esta lexislatura do goberno municipal do PP, pois "só se ocupou de frear os avances que se conseguiran co anterior goberno nacionalista, pagar favores a...