No pleno ordinario do Concello de Carnota celebrado o día 2 de febreiro de 2024 aprobáronse varios asuntos de interese municipal, entre eles o Plan de Obras da Deputación e unha moción presentada polo BNG sobre o estado das instalacións e o funcionamento da planta de tratamento de residuos da Mancomunidade Serra do Barbanza. O BNG apoiou a aprobación do POS O pleno aprobou por unanimidade o Plan de Obras da Deputación, POS 2024. O acordo inclúe diferentes actuacións repartidas polo concello, tanto dentro do POS ordinario como no plan adicional, este último dependente da existencia de fondos da Deputación e dunha nova aprobación. Dentro das obras do POS figuran as seguintes actuacións: Lira: saneamento, cun investimento de 113.053,10 euros. Lariño: recollida de augas, cun investimento de 65.513,41 euros. O Viso: aseos públicos, cun investimento de 31.533,81 euros. Gastos correntes: 115.000 euros. No plan adicional inclúense tamén as seguintes actuacións: Parada: saneamento, cun ...