Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2007

Galescola: mareando a perdiz

O portavoz do BNG de Carnota Tomás Freire vén de entrevistarse coa Delegada Provincial de Vicepresidencia, Tareixa Novo, a fin de coñecer a situación actual da Galescola de Carnota. Na conversa mantida soubemos que a escola infantil aprobada para o noso concello no mandato municipal anterior foi a oitava que se aprobou en toda a provincia da Coruña, non habendo ningunha outra nun entorno de 50 quilómetros. Tan importante logro para Carnota (e por suposto para a nosa comarca) debeuse á áxil e eficaz xestión do anterior alcalde Xosé Manuel García, ao poñer de inmediato a disposición da Vicepresidencia terreos que cumprían os requisitos. En consecuencia, a obra foi xestionada, licitada e contratada hai xa 5 meses pola empresa EXOGA por un importe de 550.000 euros, estando previsto o inicio das obras no presente ano. Distintos impedimentos por parte do Partido Popular de Carnota provocaron que aínda non se iniciasen as obras, e particularmente, o seu desacordo coa ubicación e tamén co feit...

Falamos con Encarna Otero

Encarna Otero Cepeda naceu en Compostela hai 57 anos, e leva militando no nacionalismo desde os 20, cinco anos antes de licenciarse en Historia na Universidade de Tolouse-Le Mirail. Logo dunha vida adicada ao ensino, á nosa cultura (deixando tras de si un gran legado de obras publicadas) e ao noso País mediante a súa activa e fructífera participación no BNG, no ano 2005 entra no goberno galego para exercer como Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, dependente da Consellería de Vivenda e Solo. En tan pouco tempo, o froito da súa actividade no goberno é moi salientábel, mesmo para un concello como Carnota: grazas ao seu esforzo personal, por fin poderemos ver cumprida a desexada recuperación do conxunto mariñeiro tradicional de Caldebarcos . Ademais, un dato que non moitos veciños coñecen: Encarna Otero pasou este ano o seu descanso estival no noso concello, concretamente no lugar de Portocubelo en Lira. No BNG de Carnota vimos mantendo unha comunicación fluída con Encarna de...

Crónica dun atraco a cara descuberta e outros (Pleno do 5 de outubro)

Da Orde do Día , moitos puntos eran simple información orgánica. Pero houbo varios puntos bastante polémicos, que pasamos a comentar: · Aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI) (Punto 3 da Orde do Día) Cando vimos este punto na convocatoria do Pleno, botámonos literalmente as mans á cabeza: O concello pretendía incrementar o dito imposto en nada menos que un 37%, logo de anos manténdose no 0,4%. Como é lóxico, non perdemos tempo en facer público a través do noso portavoz local o noso rexeitamento a tan esaxerado e desmedido aumento deste imposto aos nosos veciños, que unha vez máis, volven a ser vítimas da peculiar percepción da economía municipal que ten o novo goberno. En declaracións aos medios de comunicación o día antes do pleno, Tomás Freire afirmou atinadamente que existen outras medidas para recadar diñeiro sen meterse en canto se ten a oportunidade nos petos dos veciños. A proba é que, efectivamente, o BNG herdou no 99 un Concello...

Convocatoria de Pleno ordinario

Hoxe ás 20:00 horas celebrarase unha sesión plenaria ordinaria no Salón de Plenos da Casa do Concello de Carnota, coa seguinte orde do día: Aprobación da acta anterior (13/09/07) Lectura das resolucións da alcaldía. Aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI). Ratificación da resolución da alcaldía do 19/09/07 para unha operación de tesourería. Solicitude dun "Punto de Información Cadastral". Aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo da rede de saneamento municipal . Solicitude do 24-04-07 de subvención para a redacción do PXOM . Lectura da resolución da alcaldía do 01/09/07 sobre a adxudicación dun contrato para o asesoramento e asistencia xurídica do Concello . Nomeamento dos representantes do Concello en Carnotavento . Rogos e preguntas. Como podedes imaxinar, o pleno vai ser moi movidiño, polo que rogamos encarecidamente a maior asistencia veciñal posíbel.

A Consellería de Vivenda vai arranxar as casetas de Caldebarcos

Despois de anos desta histórica reivindicación dos veciños de Caldebarcos, o seu singular enclave mariñeiro tradicional vai ser plenamente restaurado e o seu entorno adecentado neste ano. O proxecto, xestionado a tres bandas polo anterior goberno de Carnota, a Confrar ía de Pescadores do Pindo e a propi a Consellería de Vivenda (grazas á mediación directa da Directora Xeral Encarna Otero), cataloga o conxunto como patrimonio arquitectónico etnográfico, e contempla a súa restauración e protección do vandalismo e deterioramento ao que estaba submetido. As tarefas de rehabilitación serán financiadas plenamente pola Consellería de Vivenda cun orzamento algo inferior aos 83.000 euros, e acometerá a substitución das cubertas, estruturas e carpinterías e dos elementos non tradicionais, mellora do pavimento, saídas de augas residuais e a limpeza e encintado dos muros de pedra. Ademais, no entorno inmediato faranse tarefas de adecentamento, mediante o alumeado sen tendido...