O pasado mércores 18 de xuño de 2008 unha comisión do BNG de Carnota entrevistouse con Rafael Eimil, Xefe da Demarcación de Costas de Galicia, co obxecto de interesarse polos proxectos en materia medioambiental que abranguen o noso concello, e en especial sobre o estado do Paseo Marítimo do Pindo. Así confirmounos a contratación, xa en breve, do Paseo Marítimo de Portocubelo a Mar de Lira. A recuperación medioambiental do entorno do faro de Lariño e a recuperación medioambiental do sendeiro marítimo de Mallou-Maceiras están pendentes da resolución do Estudo de impacto ambiental, pero que confía en que antes dun ano serán resoltos. Todos estes proxectos, ao igual que o Paseo Marítimo do Pindo, foron xestionados polo anterior goberno local liderado polo BNG. A respecto do asunto central da entrevista, Eimil asegurou que o Paseo marítimo do Pindo estaba sendo executado de acordo co proxecto orixinal, se ben por "cuestións estéticas e adaptativas" se fixeran “pequenas modific...