Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2010

O goberno de Carnota, acurralado economicamente pola súa propia política represora dos traballadores

"Cando o PP falaba de recortes, referíase a isto?" A política laboral desaprensiva do actual goberno municipal de Carnota xa lle supuxo ao noso municipio máis de 50.000 euros en despidos de traballadores municipais. Entre eles figura o traballador da brigada de obras despedido de xeito improcedente e co que chegaron a un acordo na mesma porta do xulgado para que renunciara a seguir adiante co procedemento. Este acordo supúxolle ás arcas municipais 10.000 euros e máis os custos xudiciais, como menor dos males. Noutro caso, o despedido foi o conductor do tractor municipal ao que tiveron que readmir, co conseguinte custo e perda de servizo. Á traballadora de limpeza do Centro de Saúde do Pindo percibeu este mesmo mes máis de 9.000 euros dos que aínda quedan pendentes os intereses-, e o Concello tamén tivo que asumir os custos xudiciais. A situación chega ao extremo de que a esta traballadora xa é a segunda vez que a despiden e indemnizan os mesmos actores; a primeira vez foi na ...

A plana maior do PP chega a Carnota para vender fume

Pírricos, por non dicir de risa. Só asi poden calificar os veciños e as veciñas de Carnota o "paquete de investimentos" que o PP galego anunciou recentemente para o noso municipio, e que tentaron vender na prensa a bombo e platillo. O máis rechamante, o arranxo da estrada de Muros a Cee, que se ben é necesario, non parece precisamente algo digno de considerar investimento estrela dunha lexislatura municipal á que, por certo, lle resta un ano para rematar. Tampouco parece moi intelixente anunciar como logro do PP nun municipio o asfaltado dunha estrada, que ademais pasa por catro concellos gobernados por catro partidos políticos diferentes: outro síntoma de que viñeron a Carnota facer o paripé, a ver se colaba. Algún aínda debe seguir pensando que as eleccións se gañan botando un pouco de piche . É máis, todos os demais investimentos no noso concello resúmense a "estudios" para uns arranxos nos portos de Lira e do Pindo, asi como "melloras" na Igrexa do Pin...