Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

O BNG de Carnota celebra que finalmente se realice a actuación no Campo de Fútbol de Lariño

  O grupo local solicitara á Deputación da Coruña o financiamento en 2018 cando estaba no goberno do concello   Carnota, 27 de marzo de 2021.- O grupo municipal do BNG de Carnota celebra a aprobación polo pleno da Deputación da Coruña deste venres día 26 de marzo do financiamento que permitirá a realización da actuación no Campo de Fútbol de Lariño que solicitaran hai xa tres anos. Co visto bo do pleno da institución provincial, conseguirase a mellora dun espazo que demandaba a veciñanza e que o BNG trasladara á Deputación da Coruña. O grupo nacionalista de Carnota mostra a súa satisfacción de que a actuación en Lariño comece a materializarse coa aprobación do financiamento provincial dun proxecto fora solicitado en 2018 polo goberno municipal dirixido daquela polo BNG. O proxecto inclúe as actuacións de demolición do peche de tres edificacións existentes, urbanización da contorna e construción dunha pista de padel cun orzamento de 168.430 €, do que a Deputación a...

Prevaricación e contratación ilegal

A sección 2ª da Audiencia Provincial da Coruña en sentenza de data 18 de febreiro confirma que tanto o ex alcalde de Carnota José Oreiro como a ex tenente de alcalde Marisol Piñeiro cometeron un delito de prevaricación na contratación ilegal dunha traballadora do concello. Esta resolución, contra a que non procede recurso ordinario, dá a razón ao anterior goberno do BNG que no seu día denunciou a irregularidade da contratación. Lembrar que cando se iniciou o procedemento (no ano 2013) o actual alcalde votou en contra da investigación e máis recentemente, en contra da petición que se lle formulou dende o BNG e nunha clara deixación das súas funcións, tomou a decisión de non reclamar aos condenados os 170.000€ que supuxo ás arcas do noso Concello esa contratación ilegal, perdendo así a oportunidade de recuperar eses cartos ou polo menos unha parte deles. Dende o BNG esperamos que o alcalde cumpra a sentenza e que inicie os trámites que correspondan para deixar sen efecto a contratación i...

Lariño queda sen saneamento

A Xunta aproba os orzamentos 2021 e rexeita todas as emendas presentadas polo BNG. Unha desas emendas reclamaba o saneamento en Lariño. Pois ben, unha vez máis o PP incumpre os seus compromisos ca veciñanza de Carnota e deixa a Lariño sen saneamento. Oxalá nos equivoquemos pero mentres goberne o PP na Xunta non vai haber saneamento para Lariño. Desde o BNG imos seguir reclamando o que nos pertence!

Carta para o Conselleiro de educación, enviada pola ANPA do CEIP de Carnota e nais/pais afectados

Dende as nosas redes sociais queremos darlle publicidade a esta carta que nos fan chegar as nais/pais do CEIP de Carnota xunto coa ANPA do citado centro, dirixida ó Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en referencia ó borrador do decreto 229/2011 que recorta o nº de coidadores para nen@s con necesidades especiais pasando de 1 por cada 3 alumn@s a 1 por cada 7 alumn@s con necesidades especiais. Tamén queremos deixar claro que é un problema que nos afecta a tod@s e non vos imos deixar sós/soas.     Carnota a 16 de marzo de 2021   Señor Román Rodríguez González Conselleiro de Cultura, Educación y Universidade Respectable conselleiro de educación señor Román Rodríguez González:   Poñémonos en contacto con vostede   por mor da Orde que desenvolve o Decreto 229/2011(Articulo 80, punto 4).Coma nais de tres nenos con necesidades educativas especiais que cursan estudios no C.E.I.P. de Carnota e o apoio da ANPA   deste mesmo,...

Recortes no ensino para os nenos con atencións especiais

Recortes e máis recortes, queren pasar de un especialista por cada tres nen@s con necesidades especiais a un para cada sete, no cole de Carnota este ano xa recortaron unha praza, quedando con tan só un especialista, que por certo cando ese especialista ten que coller algún día libre por enfermedade ou por motivos persoais os nen@s ese día non poden asistir a clase, co que esto supón para os mesmos nen@s e os seus pais/nais. ¿Conciliación? Dende o BNG tanto a nivel local, comarcal e nacional estamos traballando para que este despropósito non siga adiante. Todo o noso apoio, quedamos a vosa disposición. Forza!!! https://www.quepasanacosta.gal/.../20210316093329125675.html  

Pleno extraordinario do 11 de marzo

Onte celebrouse un pleno extraordinario no noso concello con catro puntos da orde do día, solicitar catro subvencións nominativas á Deputación Provincial para mellora da iluminación nas zonas rural fase 1, rural fase 2, litoral fase 1 e litoral fase 2. O BNG votou encontra e estes foron os nosos motivos: 1.- Este proxecto, agora dividido en catro, xa foi presentado a pleno o día 7 de marzo de 2020 por medio dunha “memoria descriptiva” e rexeitado pola maioria do pleno como a outra proposta do alcalde que era “comprometer o gasto correspondete á aportación municipal con cargo a fondos propios do orzamento de gastos...” Xa daquela o alcalde non contestou en como afectaría a petición desta subvención á estabilidade orzamentaria do Concello. Nin se existía certificación de disposición de crédito para levar a cabo as actuacións. 2- A día de hoxe seguimos cos orzamentos prorrogados polo que non existe partida orzamentaria para facer frente a estes proxectos. 3- Non temos certificado do secre...