Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2010

Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral

Silencio escandaloso do goberno municipal do PP ao respecto O pasado sábado o BNG de Carnota e varios portavoces veciñais reuníronse no Pindo co deputado nacionalista na Deputación de Pontevedra e experto na materia César Mosquera, para analisar os prexuízos extremos que implicará o novo Plan de Ordenación Litoral (POL) para os e as residentes no noso concello e as súas propiedades. A análise da reunión serviunos tamén para descubrir o oscurantismo co que o PP está a tramitar a norma, alcanzando no noso concello dimensións de silencio escandaloso , xa que nin alcalde nin outro membro do goberno fixeron unha soa alusión pública ao proxecto, malia ser Carnota o concello galego máis afectado pola nova norma . Máis de mil vivendas das veciñas e veciños de Carnota, arredor da metade das existentes , van quedar gravemente afectadas, asi como o 90% do chan urbanizábel , se chega a aprobarse este Plan nos termos previstos na actualidade. Sobre as consecuencias desta normativa sobre esas vivend...

Os orzamentos deixan claro que o goberno de Carnota négase a reconducir unha situación cada vez máis crítica

Non podemos comezar a valorar o que aconteceu no Pleno Extraordinario do pasado venres 14 de maio sen salientar que é a primeira vez na historia de Carnota que unha cuestión tan importante para o futuro dun concello como son os seus Orzamentos se trata á hora de xantar ; moi premonitorio . E é que logo de ver o documento que presentaron, vai parecendo máis lóxico que traten de escondelo dos veciños, da prensa e da oposición: trátanse duns Orzamentos de récord en todos os sentidos, pero desgrazadamente todos son negativos . Carnota xa duplica o maior déficit que tivera na súa historia En primeiro lugar cabe destacar o desequilibrado das contas que se presentaron: Cuns ingresos (supostos, como logo veremos) de 6.346.010,52 euros e uns gastos de 5.071.270,42 euros, deixan unha diferencia de 1.284.740,10 euros... que coincide co remanente negativo do exercicio precedente; duplicouse o maior déficit financieiro que se rexistrara en toda a historia de Carnota: todo un récord. Os salarios pol...

Decenas de miles de persoas abarrotan o Obradoiro en defensa da lingua galega

A plataforma Queremos Galego , que engloba unhas 700 asociacións, conseguiu hoxe que a súa convocatoria coincidente co Día das Letras Galegas abarrotara a praza do Obradoiro de Compostela, grazas a decenas de miles de persoas chegadas desde todos os puntos da nosa xeografía desafiando o sol abrasador e a xornada non laboral nin lectiva. O inmenso continxente humano partía ás 12 da Alameda compostelá detrás dunha faixa co lema "O galego, a forza do noso amor", frase de Uxío Novoneyra, o escritor homenaxeado con motivo desta xornada de reivindicación das nosas letras. A xornada transcorreu nun ambiente cordial e festivo durante a que non houbo que lamentar ningún incidente, e no medio dun forte descontento pola substitución das políticas lingüisticas consensuadas por todos os axentes sociais e políticos por un novo decreto que, no caso de ir adiante, sería co único apoio do PP e de colectivos marxinais abertamente contrarios á utilización normal do galego na nosa sociedade. Mái...

No medio dunha forte controversia, o pleno de mañá dirimirá os derradeiros orzamentos desta lexislatura

Informamos a toda a veciñanza da convocatoria dun pleno extraordinario no Concello de Carnota, que vai ter lugar mañá 14 de maio ás 13:30 horas , e como único punto na orde do dia o da a aprobación dos últimos Orzamentos deste mandato municipal . No medio de numerosos despidos de traballadores municipais , da nefasta xestión de proxectos e recursos , cun endebedamento histórico do Concello malia o cal segue a manter os seus estratosféricos salarios de carácter político , o goberno municipal volve a tratar de neutralizar a presenza veciñal e dos medios convocando o pleno a uns horarios absurdos, en canto os plenos nos que se debaten cuestións menores si os convoca a uns horarios máis asequíbeis. En todo caso, desde o BNG pedímoslle á veciñanza que faga un esforzo por asistir a esta sesión.

Orixinal iniciativa a prol do transporte público na Costa da Morte

Un problema endémico na nosa comarca como é o do transporte público, do que tanto se fala nas tribunas políticas pero polo que tan pouco se leva feito, acaba de ver nacer unha das máis interesantes iniciativas ao respecto dos últimos anos; e o máis curioso é que non procede das institucións que mantemos entre todos os cidadáns para atallar as nosas problemáticas. A idea xurde dunha colaboración entre o diario dixital Que pasa na Costa e a empresa Galinus ; consiste nun intenso estudo durante 2 anos das liñas de autobuses en toda a nosa comarca, e que se ve agora reflectido en carteis ou paneis informativos que os responsábeis da iniciativa xa están a distribuir por Carnota e por toda a comarca, nos cales se representan desde liñas, paradas e tempos de viaxe ata deficiencias e irregularidades detectadas; como anécdota máis que ilustrativa, esa nota ao pe de certos roteiros da compañía Monbús, pois "os autobuses non adoitan saír". Este proxecto orixinal e reivindicativo merece...

Charlas do BNG contra a crise na Costa da Morte

Desde o BNG de Carnota convidámoste a coñecer o punto de vista no nacionalismo galego sobre a crise económica e a nosa alternativa para afrontala con garantes e sen prexuízos para o emprego ou os servizos públicos, asistindo á serie de charlas co título "Propostas do BNG para saír da Crise" que vai desenvolver o BNG na nosa comarca coa seguinte programación: FISTERRA Venres 7 de maio ás 20:30 h. no restaurante Fin do Camiño Coa intervención de Carlos Aymerich , portavoz parlamentario do BNG CAMARIÑAS Sábado 8 de maio ás 12:00 h. na Casa da pedra Coas intervencións de Bieito Lobeira , deputado e responsábel de pesca do BNG, e Xabier Aboi , secretario xeral de CIG-Mar Aló esperamos verte.

Fracasa a xestión do Plan E en Carnota, que se converte xa no 3º concello máis endebedado da provincia

Cos 13,3 millóns de euros que o Plan E vai deixar no noso entorno, e que segundo as estimacións dos diferentes concellos da redonda suporán a creación dun total de 438 empregos directos, o goberno de Carnota asegurou nos medios ter creado 16 novos postos de traballo . Se este dato xa resulta pírrico por si mesmo, o peor é que nin sequera é certo . Despois de ser preguntado polo BNG no último pleno a respecto do número exacto de postos de traballo xerados en Carnota grazas ao Plan E, o alcalde de Carnota José Oreiro saiu pola tanxente cun escueto " cumprirase a legalidade vixente ". A realidade é que entre os requisitos do Plan E non figuraba crear un número determinado de empregos. Teatral forma de dicir que o goberno de Carnota non xerou un só posto de emprego a conta do segundo Plan E , despois de gastar máis de medio millón de euros en obras . E tampouco nos sorprende: o primeiro Plan E, que significou 900.000 euros en obras, só supuxo 3 contratacións de 4 meses de dur...