O BNG de Carnota ponse a disposición da veciñanza para achegar preguntas ao goberno municipal nos Plenos
No pleno do día 1 de outubro o alcalde comunícanos a súa decisión de non contestar no mesmo pleno ás preguntas que se lle formulan e ás que dará resposta no primeiro pleno inmediatamente posterior, e dicir dous meses máis tarde. Ao non ter resposta as nosas preguntas de forma oral no pleno onde se expoñen, e amparados pola Lei, pretendemos formulalas por escrito e que se nos conteste no pleno inmediatamente posterior, polo que as preguntas se traladarán en tempo e forma vía rexistro, do cal terá cumprida información toda a veciñanza mediante a publicación nos medios habituais de comunicación do BNG de Carnota. Ante a imposibilidade de continuar cas asembleas veciñas por mor do agravamento da situación derivada de pandemia COVID-19, dende o BNG queremos ofrecerlle as nosas veciñas e veciños a posibilidade de que nos fagan chegar toda canta pregunta, proposta ou información que consideren necesarias incluír nese escrito para trasladarllas ao goberno municipal polo que podedes con...