Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

O BNG de Carnota denuncia o progresivo desmantelamento do servizo sanitario

O BNG de Carnota denuncia o progresivo desmantelamento do servizo sanitario no municipio, logo da decisión da Xunta de Galiza de eliminar as consultas médicas que viñan desenvolvéndose os sábados pola mañá no centro de saúde de Carnota. Primitivo Pedrosa lembra que esta nova perda de servizos súmase á ausencia de pediatra, unha situación que leva arredor de dous anos obrigando as familias de Carnota a desprazarse até Muros para que as súas crianzas poidan ser atendidas por unha especialista. A decisión da Consellaría de Sanidade de deixar sen servizo o centro médico os sábados pola mañá enmárcase nos cambios decididos polo Goberno galego para os Puntos de Atención Continuada, PAC, definidos nun “decretazo” que agrava a situación do sistema sanitario público. Estas medidas implican cambios nos horarios de atención e o peche de centros de saúde que até o de agora abrían os sábados. No caso de Carnota, isto obrigará a moitas persoas usuarias a desprazarse a outros puntos asistenciais ...

Moción pola recuperación da pediatría no centro de saúde de Carnota

O pleno do Concello de Carnota aprobou por unanimidade unha moción para reclamar á Xunta de Galiza a recuperación do servizo de pediatría no centro de saúde. A iniciativa partiu do BNG, mais foi asumida polo conxunto da corporación municipal como unha demanda común diante dunha situación que afecta directamente ás familias do concello. A perda deste servizo obriga as nais e pais a desprazarse fóra de Carnota para recibir atención pediátrica, convertendo un dereito básico nun problema engadido para a vida diaria da veciñanza. A moción reclama á Xunta que restitúa a atención pediátrica e poña fin ao deterioro progresivo dos servizos sanitarios no rural. A pediatría non é un luxo nin unha prestación secundaria: é un servizo esencial para garantir igualdade, saúde pública e calidade de vida ás crianzas e ás súas familias. A aprobación unánime da moción amosa que a recuperación da pediatría é unha demanda compartida polo conxunto da sociedade carnotá. De feito, a mobilización veciñal arr...