Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Novo parque infantil no Pindo

Detalle do proxecto do novo parque O goberno municipal do Concello de Carnota vén de aprobar en solitario no último pleno (coa abstención de PP e PSOE) a creación dun novo parque infantil no Pindo , co que aumenta a oferta de lecer para os cativos e adultos desta parroquia. A infraestructura, cuxas obras comezarán de inmediato, situarase nun baldío municipal ubicado no porto do Pindo e contará cun orzamento de 49.014,20€. O investimento converterá unha parcela en desuso dunha zona de xogos infantís de 234 metros cadrados ben separada do tráfico rodado e con balancíns, columpios e tobogáns. Asi mesmo contará cunha área biosaudábel para exercicios de adultos de 73 metros cadrados. Todo o conxunto estará rodeado dunha ampla zona verde e crearanse ademais 67 metros cadrados de novos aparcamentos, pois é unha zona que -sobre todo no verán- tende a saturarse bastante de coches.

O Concello reinicia a participación veciñal con 13 reunións nun mes

O renovado goberno municipal de Carnota refresca a súa aposta pola plena participación directa do pobo de Carnota nas súas políticas, mediante unha rolda de Asembleas Veciñais que desenvolverá entre o 18 de setembro e o 17 de outubro en 13 lugares do noso Concello. O obxecto destas Asembleas, nas que sempre estarán presentes membros do equipo de goberno, será analizar as actuacións e os proxectos que se consideran necesarios nos distintos lugares, na opinión da súa propia veciñanza. O Pindo : Venres 18 de setembro ás 20 horas Quilmas : Sábado 19 de setembro ás 18 horas Louredo : Xoves 24 de setembro ás 19 horas San Mamede : Venres 25 de setembro ás 20 horas Carnota : Sábado 26 de setembro ás 12 horas Mallou : Mércores 30 de setembro ás 20 horas Canedo : Xoves 1 de outubro ás 19 horas Lira : Venres 2 de outubro ás 20 horas Adraño : Sábado 3 de outubro ás 12 horas Lariño : Mércores 7 de outubro...

Quen é quen no novo goberno municipal de Carnota?

Ramón Noceda Caamaño Lariño, 60 anos Alcalde-presidente do Concello de Carnota. Ademais ocuparase das áreas de personal, finanzas, urbanismo e obras e servizos, ou agro, mar e monte, entre outras. Proxectos importantes da súa área serán a RPT, os orzamentos municipais 2015, o PXOM e o desenvolvemento das actuacións completas por lugares previstas no noso programa . Correo-e: alcaldia@carnota.gal Iván Franco Caamaño Carnota, 35 anos Tenente de alcalde do Concello de Carnota. Levará as áreas de Turismo, Patrimonio, Medio Ambiente, Deportes e Comunicación e Novas tecnoloxías . Proxectos importantes da súa área serán as probas deportivas, a segunda fase de consolidación das estructuras do Castro de Mallou, a nova web municipal e o Víndemo Ver. Correo-e:  ivan.franco@carnota.gal Belén Campos Díaz Caldebarcos, 48 anos 2ª tenente de alcalde do Concello de Carnota. Levará as áreas de Cultura e Normalización lingüística . Proxectos importantes da súa área serán a ...

Ramón Noceda, novo alcalde de Carnota tras recibir o apoio da maioría absoluta da Corporación

O primeiro pleno de investidura arroxa como novo alcalde de Carnota a Ramón Noceda Caamaño, que continuará sendo o rexedor municipal mais esta vez con maioría absoluta, á luz dos resultados obtidos polo BNG de Carnota nas Eleccións Municipais do pasado 24 de maio que arrouxou 6 concelleiros nacionalistas, por 3 do PP e 2 do PSOE. No grupo municipal do BNG produciuse unha renovación case total, pois da corporación anterior só repiten Moncho Noceda e Iván Franco, mentras que se incorporaron as caras novas de Belén Campos, Jorge Fiuza, Marupe Armendáriz e Iago Maceiras, todos edís por primeira vez. Despois dunha cadea de dimisións na 1ª forza da oposición que levou a que en vez dos presentados fosen elixidos pola lista do PP o nº 3, a nº 4 e o nº 7 da lista, estes non presentaron candidatura a ocupar a alcaldía de Carnota, como tampouco o fixeron os dous candidatos elixidos polo PSOE. Porén, ambas forzas opuxéronse á toma de posesión como alcalde de Moncho Noceda, candidato da fo...

A Xustiza condena á Xunta por pechar o Centro de Día de Pedramarrada

O TSXG da a razón ao Concello por entender que a orde procedeu dun órgano «manifestamente incompetente» O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estimou a demanda presentada polo Concello de Carnota contra a decisión do xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (dependente da Xunta) que supuxo en 2013 a clausura das instalacións do Centro de Día de Pedramarrada , e o traslado das súas usuarias e usuarios a outras instalacións ubicadas nun concello veciño. Foi a unilateralidade desa decisión, precisamente, a que motivou a denuncia do rexedor Moncho Noceda contra o Consorcio, pois non só se tomou a pesar da oposición frontal do goberno de Carnota , senón que para iso dinamitaron o Convenio subscrito entre Xunta e Concello ao que aínda lle quedaban dous anos de vixencia. O TSXG declarou a nulidade de pleno dereito da resolución "por ser ditada por un órgano manifestamente incompetente", neste caso o xerente, pois non entraba esta acción dentro das súas facultade...

Continuamos!

Convidamos a toda a veciñanza ao acto de investidura da nova corporación municipal de Carnota e de toma de posesión dos seus membros, que terá lugar o vindeiro sábado 13 de xuño ás 12:00h no Salón de Plenos do Concello de Carnota . Agardamos poder contar coa vosa presenza unha vez máis.

O noso goberno

Moncho Noceda, Iván Franco, Belén Campos, Jorge Fiuza, Marupe Armendariz e Iago Maceiras, edís. Ramón Noceda Caamaño Lariño, 60 anos Alcalde-presidente do Concello de Carnota. Ademais ocuparase das áreas de personal, finanzas, urbanismo e obras e servizos, ou agro, mar e monte, entre outras. Proxectos importantes da súa área serán a RPT, os orzamentos municipais 2015, o PXOM e o desenvolvemento das actuacións completas por lugares previstas no noso programa . Correo-e: alcaldia@carnota.gal Iván Franco Caamaño Carnota, 35 anos Tenente de alcalde do Concello de Carnota. Levará as áreas de Turismo, Patrimonio, Medio Ambiente, Deportes e Comunicación e Novas tecnoloxías . Proxectos importantes da súa área serán as probas deportivas, a segunda fase de consolidación das estructuras do Castro de Mallou, a nova web municipal e o Víndemo Ver. Correo-e:  ivan.franco@carnota.gal Belén Campos Díaz Caldebarcos, 48 anos 2ª tenente de alcalde do Concello de Carnota. Leva...

Os nosos resultados

Publicamos o desglose de resultados por mesa das Eleccións Municipais do Concello de Carnota 2015. Resultados totais Caldebarcos  Carnota  Lariño  Lira  O Pindo  San Mamede

O povo é quem mais ordena!

O BNG obtén a maioría absoluta en Carnota tras obter 1.271 votos e 6 edís Por unha vez fíxose o imposíbel e o equipo liderado por Moncho Noceda deu a sorpresa despois de medrar 228 votos con respecto a hai catro anos e de vencer en 5 das 6 mesas electorais do Concello de Carnota. En total a candidatura do BNG - Asembleas Abertas obtivo 1271 votos , o 49,42% dos sufraxios a partidos que se emitiron, mentras que hai catro anos obtivera 1043 votos, o 34,05% dos emitidos. O PP, que hai catro anos fora o partido máis votado con 1383 votos, o 45,15% dos emitidos, sufriu un retroceso de 560 votos, situándose nas 823 papeletas, un 32% do total. O PSOE pola súa banda tamén descende en votos, e se hai catro anos obtivera 637 votos, o 20,8% do total, nesta ocasión perde 159 e quédase con 478, o 18,58% do total. Asi, en base á lei d'Hondt, os resultados finais son de 6 edís do BNG, 3 do PP e 2 do PSOE , quedando a Corporación Municipal 2015-2019 configurada do seguinte xeito: Moncho N...

Oreiro e Marisol deberán devolver os cartos que lle custou á veciñanza o seu «enchufe»

O BNG xa prepara a súa acción popular no proceso contra os candidatos nº 1 e 3 do PP de Carnota por enchufar cando gobernaban Logo de que o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) admitira o exercicio da acción popular por parte do BNG, a nosa organización anuncia que ademais das responsabilidades políticas vai esixirlle a José Oreiro e Marisol Piñeiro a restitución íntegra do prexuízo económico que o seu «enchufe» lle provocou ás arcas municipais do Concello de Carnota. Dito doutro xeito, se o Xulgado finalmente condena aos procesados polos delitos de prevaricación que investiga , José Oreiro e Marisol Piñeiro deberán responder solidariamente, do seu peto, por cada céntimo saído das arcas municipais destinado a financiar ese contrato e as súas sucesivas prórrogas. O BNG considera que non abonda con que sexan inhabilitados senón que a única forma de facer verdadeira xustiza será o resarcimento económico íntegro dos danos económicos que o seu proceder presuntamente ilegal lle causou ao Co...

A mocidade terá un centro xuvenil en Pedramarrada e un festival de rock

A aposta do Concello de Carnota pola cultura e a mocidade reforzarase na vindeira lexislatura cunha serie de actuacións que xa está a concretar coa mocidade activa do Concello. O edificio de Pedramarrada albergará un Centro Xuvenil se a Xunta non nos devolve o Centro de Día A proposta máis notábel será a creación dun Centro xuvenil en Pedramarrada , no edificio hoxe en desuso do Centro de Día. No caso de que a Xustiza non revirta o discutido traslado deste servizo ao veciño concello de Muros imos destinar este edificio a Centro Xuvenil en acordo con varios colectivos, un lugar onde a mocidade do Concello poida reunirse e organizarse, e dispoña dunhas instalacións con conexión a Internet, ludoteca, biblioteca xuvenil e local de ensaio, entre outros servizos. A intención é que esta nova instalación non sexa un contedor pechado senón que teña unha dinámica propia e que a mocidade non só sexa usuaria senón peza clave do seu funcionamento, para que o centro se adapte ás necesidades da xe...

Axenda de mitins

Mitin do BNG en Quilmas Venres 15 de maio ás 20:00h na praza do lugar Mitin do BNG en Lariño Sábado 16 de maio ás 20:00h no Centro Social José de Torea Mitin do BNG no Pindo Domingo 17 de maio ás 18:00h no Colexio Público do Pindo Mitin do BNG en Mallou Luns 18 de maio ás 20:00h no Centro Social Mitin do BNG en Cornido Martes 19 de maio ás 20:00h diante do taller de Nacho Porto Mitin do BNG en Canedo Mércores 20 de maio ás 19:00h diante do Parque Infantil Mitin do BNG en Louredo Mércores 20 de maio ás 20:00h no Cruceiro Mitin do BNG en Pedrafigueira Xoves 21 de maio en horario por confirmar no medio do lugar Mitin de peche de campaña BNG en Lira Venres 22 de maio ás 20:00h na Casa do Mar

Suso Campos: de autoproclamado azote da corrupción a encubridor de delitos en menos de catro anos

Avanza a campaña e cada día a veciñanza está máis perplexa ante o radical cambio de discurso do candidato do PSOE de Carnota, Suso Campos. Toda Carnota ten moi fresco na memoria cando hai catro anos no debate televisado a tres bandas entre BNG, PSOE e PP de Carnota na televisión do Barbanza , Campos coincidía co BNG en afearlle ao daquela alcalde de Carnota polo PP José Oreiro as súas sucias políticas de enchufismo, e o custe que o pago de favores do PP lle estaban supoñendo á veciñanza. Naquel debate o candidato do PSOE mesmo atreveuse a sinalar con nome e apelidos casos concretos de "enchufes" do PP no Concello, acusacións que por certo tiveron un gran impacto para o Concello en xuízos posteriores ao seren utilizadas recorrentemente por ex-empregados para alegar que sufriron unha persecución política. Sen embargo a xornada electoral de 2011 mudou radicalmente o panorama, sobre todo para o aspirante socialista. Lonxe de asumir o correctivo sufrido nas urnas polo PSOE, coa ...

Carnota acolle mañá un acto nacional do BNG

O BNG quixo que a Costa da Morte estivera no seu calendario de actos nacionais, polo que se achegará ao Concello de Carnota mañá martes 12 de maio ás 19:30h no Salón de Actos da Casa do Concello . O acto estará presentado pola nº 3 da candidatura do BNG de Carnota Belén Campos , e contará coas intervencións de Begoña Pérez  (que cos seus 19 aniños é a candidata máis moza da historia de Carnota), Cecilia Caamaño (nº 9 da candidatura), Iván Franco (nº 2 da candidatura), Xabier Vence (portavoz nacional do BNG) e finalmente Moncho Noceda , o noso candidato á alcaldía de Carnota. O acto estaba convocado xusto cando a campaña acaba de dar un tombo ao coñecerse a imposición de cadansúa fianza de 10 mil euros aos dous candidatos do PP en Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro (concelleiros os dous e deputada autonómica do PP esta última), no proceso que o TSXG ten aberto contra eles por supostos delitos de prevaricación cando gobernaban Carnota, e sen que polo momento teñamos const...

A fiscalía impón cadansúa fianza de 10 mil euros aos candidatos do PP de Carnota, que sentarán ante o TSXG

O proceso xudicial que o TSXG instrúe contra José Oreiro e Marisol Piñeiro por prevaricación da un novo revés ao Partido Popular ao impoñer a Fiscalía sendas fianzas de 10.000 euros aos seus candidatos carnotáns José Oreiro (nº 1) e Marisol Piñeiro (nº 3), aos que imputaron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) por supostos delitos de prevaricación na contratación cometidos cando eran alcalde e tenente de alcalde, respectivamente, do Concello de Carnota. Asi mesmo ao secretario interventor municipal Carlos Bousoño imponlle tamén fianza, neste caso de 6.000 euros. O durísimo escrito do Ministerio Fiscal entende que existen delitos suficientes para procesar a José Oreiro, Marisol Piñeiro e Carlos Bousoño. No caso dos membros da candidatura do PP de Carnota, entende que incurriron nunha contratación "sen ningún tipo de formalidade nin axuste á legalidade" na que ambos participaron tanto na decisión inicial como nas sucesivas prórrogas e modificacións de cont...

Comeza oficialmente a campaña na que o BNG loitará por lograr a maioría en Carnota

O BNG de Carnota inicia hoxe con ilusión a campaña electoral que agardamos que nos leve o 24 de maio a obter unha maioría suficiente para continuar o noso proxecto de goberno na etapa 2015-2019 sen problemas nin chantaxes. O inicio da campaña pecha unha intensa rolda de Asembleas Veciñais polos lugares de Carnota, Lariño, Adraño, San Mamede, Mallou, Caldebarcos, Lira, O Pindo, Quilmas, Cornido, Panchés, Pedrafigueira, Canedo, Louredo..., 17 actos en total, para rendir contas ante a veciñanza de todo o traballo desenvolvido polo goberno municipal durante estes catro anos e tamén recoller as propostas que a xente quixera facer ao que será o noso programa de goberno 2015-2019 . Estas reunións servíronnos para pulsar un gran compromiso veciñal con esta nova forma de gobernar co pobo e para o pobo, e tamén unha enorme comprensión da xente coa grave situación económica que atravesa o Concello de Carnota e que nos imposibilitou desenvolver algúns proxectos interesantes. Estimamos que duran...

Últimos días para solicitar o voto por correo

Se estás censada/o no Concello de Carnota pero por calquera circunstancia cres que non vas poder achegarte a votar ao teu colexio electoral o 24 de maio, tes ata o xoves 14 de maio para solicitar o voto por correo . Vai a calquera oficina de correos co teu Documento de Identidade e cobre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. Antes do 17 de maio  deberás ter recibido no enderezo que solicitaches toda a documentación para poder votar: Certificado de inscrición Papeletas das candidaturas que se presentan en Carnota Sobre electoral Enderezo da mesa onde che corresponde votar Folla explicativa do proceso Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación , péchao ben e logo méteo noutro sobre diferente co enderezo da túa mesa electoral xunto co certificado de inscrición no censo. Tes como data límite ata o 20 de maio podes enviala por correo certificado e urxente. Aclaracións Unha vez completado o proces...

Presentouse ante a veciñanza a candidatura do BNG de Carnota

Nun acto ateigado de veciñanza ata o aforo máximo que se podía dispoñer no restaurante A Morosa, no que o bo humor e a ilusión caldeou o ambiente, foi o propio candidato Moncho Noceda quen exerceu de mestre de cerimonias, comezando por nomear os 21 homes e mulleres que serán as caras visíbeis deste proxecto . O aspirante a revalidar a alcaldía transmitiu que o proxecto de goberno do BNG seguirá na liña da transparencia, a honradez e a participación veciñal. Para poder levalo a cabo, é necesario que o BNG conte co suficiente apoio veciñal para gobernar sen ataduras nin chantaxes de ninguén, só mirando os intereses veciñais . Neste senso, e dado que resulta máis que probábel a existencia dun pacto PP-PSOE para desprazar ao BNG do goberno, Noceda animou a traballar con ilusión e forza para convencer á xente de que o 24 de maio confíen maioritariamente nun proxecto que servirá para consolidar a idea dun concello xusto, democrático e transparente, pensado por e para a xente. ...