Saltar ao contido principal

Comeza oficialmente a campaña na que o BNG loitará por lograr a maioría en Carnota

O BNG de Carnota inicia hoxe con ilusión a campaña electoral que agardamos que nos leve o 24 de maio a obter unha maioría suficiente para continuar o noso proxecto de goberno na etapa 2015-2019 sen problemas nin chantaxes.
O inicio da campaña pecha unha intensa rolda de Asembleas Veciñais polos lugares de Carnota, Lariño, Adraño, San Mamede, Mallou, Caldebarcos, Lira, O Pindo, Quilmas, Cornido, Panchés, Pedrafigueira, Canedo, Louredo..., 17 actos en total, para rendir contas ante a veciñanza de todo o traballo desenvolvido polo goberno municipal durante estes catro anos e tamén recoller as propostas que a xente quixera facer ao que será o noso programa de goberno 2015-2019. Estas reunións servíronnos para pulsar un gran compromiso veciñal con esta nova forma de gobernar co pobo e para o pobo, e tamén unha enorme comprensión da xente coa grave situación económica que atravesa o Concello de Carnota e que nos imposibilitou desenvolver algúns proxectos interesantes. Estimamos que durante a precampaña máis de 250 veciñas e veciños participaron na confección do programa que presentaremos en breve. Agracecemos sinceramente a toda a veciñanza a súa implicación neste proxecto.

A Moa volveu á rúa

Asi mesmo ao longo da precampaña repartimos masivamente entre a veciñanza 2.000 exemplares do noso voceiro local A Moa, unha edición monográfica sobre o mandato que remata, que xa suma asi 34 edicións. Colgamos a revista aquí para a súa lectura para quen non teña acceso á edición en papel.

Campaña feita cas nosas mans e cos nosos cartos

No BNG faremos a nosa campaña porta a porta, e non participaremos no dispendio económico e ecolóxico dos mailing masivos. O BNG tampouco vai solicitar ningún crédito bancario para financiar a campaña nin contrataremos a ningunha empresa senón que todo cando fagamos será grazas ás mans e os cartos da militancia e dos colaboradores. Por iso é fundamental contar co teu apoio. Contáctanos en carnota@bng.gal ou chámanos ao 625382644 se cres que nos podes axudar na campaña dalgún xeito.

Por suposto na nosa páxina www.bng-carnota.org iremos informando ao minuto de toda a campaña carnotá, con seccións dedicadas á candidatura, programa electoral, calendario de actos e tamén como botar unha man na campaña.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón