Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2023

Chega un sentinazo de chapapote á costa do Pindo

A veciñanza do Pindo denunciou a aparición dunha mancha negra e dunha marea de chapapote achegándose ás rochas do litoral. A mancha foi detectada na mañá do domingo 15 de outubro. A veciñanza alertou dunha gran mancha oleosa, firme, duns 0,5 km², situada pola zona de Punta Fornelo, mentres que nas rochas entre o Pindo e o Ézaro aparecía unha masa viscosa que tinguía de negro a costa. As persoas que deron o aviso sinalaban que lembraba ao chapapote do Prestige polo seu aspecto e pola súa textura extremadamente pringosa. A costa apestaba ademais a gasoil, polo que a veciñanza valorou que podía tratarse dun sentinazo, é dicir, dunha limpeza ilegal dos tanques dunha embarcación no mar. Diante desta situación, alertouse ao 112, malia que inicialmente nin no Pindo nin no Concello de Dumbría tiñan novas da central de emerxencias. Desde o 112 deuse aviso a Salvamento Marítimo, Gardacostas, Policía Local de Carnota, Garda Civil, GES de Muros, Protección Civil e autoridades medioambientais, para...