A mocidade nacionalista da Costa da Morte, que vén de renovar a súa asemblea comarcal de Galiza Nova hai poucas semanas , comeza con forza convocando o vindeiro venres 14 de xullo ás 20:30 horas no Ézaro un acto público de apoio á candidatura do BNG que aspira a facerse co grupo propio galego nas Eleccións Xerais do 23 de xullo. Intervirán a secretaria xeral de Galiza Nova , Marta Gómez , e o membro da candidatura do BNG Ignacio Siota . O acto dará paso a unha actuación musical con MJ Pérez , Malleira , Dùin e remate con foliada libre. Non faltes e, sobre todo, se es mozo ou moza de ata 30 anos e estás co nacionalismo galego, únete a Galiza Nova !