O BNG da Costa da Morte cualificou como “nefastos e reiterativos” os orzamentos da Xunta de Galiza para 2026, ao entender que volven deixar a comarca sen os investimentos e servizos que precisa. A organización nacionalista considera que as contas presentadas polo goberno galego son “puro fume” e amosan unha falta total de compromiso coa Costa da Morte. Como exemplo, lembra que nos orzamentos de 2025 a Xunta incluíra 8 millóns de euros para a ampliación da autovía, sen que se executase nada durante o ano. Agora volve aparecer outra partida de 8 millóns, malia que o proxecto do corredor segue sen estar aprobado definitivamente. O BNG tamén denuncia a situación das obras para o servizo de tratamentos de quimioterapia no hospital comarcal, que tiña que estar funcionando en setembro e aínda continúa en obras. O responsábel comarcal, Xurxo Rodríguez Baña, definiu os orzamentos como “unha tomadura de pelo á Costa da Morte” e denunciou que o PP continúa sometendo a comarca a un trato discri...