Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2008

O Concello de Carnota esixe en Caldebarcos máis de 3.800 euros por "deixar arranxar" uns muiños e logo organiza percorridos turisticos polos mesmos

Unha asociación de veciños de Caldebarcos que vén de restaurar un conxunto de muíños na localidade informou ao BNG de Carnota que o Concello, que non colaborou de ningún xeito coa iniciativa, si lles esixiu máis de medio millón das antigas pesetas co pretexto dunha suposta licenza de obras necesaria para esa intervención que a propia asociación de veciños emprendera altruistamente e co apoio da administración autonómica . Tan irracional medida subscitou o notábel enfado non só das persoas integradas na asociación, senón tamén o de moitos outros veciños de Caldebarcos que non se explican que un equipo de goberno elixido para defender e mellorar o seu pobo non só n on moveu un dedo para contribuír coa rehabilitación do precioso conxunto de muíños, senón que ademais multou deste xeito unha labor veciñal tan altruísta como positiva para o noso medio ambiente e mesmo para sectores produtivos coma o turismo. Por se isto fora pouco, inmediatamente despois de que a asociación se resignara a...

A Lei de Vivenda: o colofón dunha política transformadora

A futura Lei de Vivenda pecha a actividade normativa desenvolvida nestes tres anos pola Consellaría que dirixe a nacionalista Teresa Táboas. Trátase dunha rigorosa planificación lexislativa para acadar o obxectivo de garantir aos galegos e galegas o acceso a unha vivenda e que se traduciu en: A Lei de Medidas Urxentes en materia de vivenda e solo coa ampliación até o 40% da reserva de solo para vivenda protexida nos concellos de máis de 20.000 habitantes. A creación do Rexistro de demandantes de vivenda protexida para transparentar os procesos de adxudicación e garantir a igualdade de oportunidades. As Normas do Hábitat Galego, como aposta pola calidade das vivendas. O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial para mobilizar 8,7 millóns de metros cadrados para 45.000 vivendas protexidas até 2017. Coa Lei de Vivenda o BNG pretende dar resposta aos problemas que sofren os galegos e galegas no acceso a unha vivenda: o acusado incremento do seu prezo, o limitado papel do mercado do alugue...

Carnota perde a única bandeira azul "que tiña"

Só un ano despois de que o BNG de Carnota dera conseguido unha bandeira azul da que as praias do noso concello levaban tempo privadas, o novo goberno municipal xa perdeu este coñecido recoñecemento europeo á calidade dos areeiros. Galiza cedeu este ano o distintivo en 18 das súas praias, pese ao cal segue a ser un líder europeo en número de bandeiras azuis ondeando cada verán. Porén a situación en Carnota tórnase, unha vez máis, en dantesca grazas á actitude do equipo de goberno municipal e o seu non-alcalde José Oreiro. Na praia de Mar de Lira, durante o ano enteiro de vixencia da súa bandeira azul, a insignia non chegou sequera a pendurarse no mastro habilitado durante a anterior lexislatura a tal efecto. A causa desta situación inaudita foi que para facerse efectivo o distintivo a praia debía estar vixiada por un socorrista cualificado. Sobra dicir que non foi esa a aptitude "máis valorada" por este goberno, pois rexeitaron a principios do verán de 2007 a única candidata...

O centro médico de Lira pecha as súas portas un ano máis

A situación que tanto advertimos e tanto nos temíamos desde hai un ano faise vergonzosa realidade de novo: o centro médico de Lira botou o peche un ano máis polas vacacións do seu facultativo, por segunda vez na súa historia. Nun ano enteiro, o goberno municipal non fixo absolutamente nada por tratar de buscarlle unha solución, e esta vez non poderán dicir que os colleron despistados. Ou tal vez si, pode que o esqueceran axiña porque a súa única reacción coñecida hai un ano foi tan só durante a vixencia do problema, ao día seguinte de reincorporarse os médicos das súas vacacións o problema xa non existía para o goberno municipal, o que da unha boa idea do seu xeito de actuar en xeral. Temos que lembrar que nos anos anteriores a ameaza desta situación foi permanente, pero grazas ao bo facer do daquela alcalde nacionalista Xosé Manuel García, que removiu ceo e terra para que os centros nunca pecharan, os veciños nin se enteraron do problema na maior parte dos casos. Neste caso, o centr...