Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2008

Quin.TV, o primeiro videoblog dun candidato galego

Anxo Quintana vén de estrear o seu videoblog , un espazo no que comparte audiovisualmente momentos tanto da súa actividade institucional e política como da súa vida personal. Esta iniciativa é a primeira a nivel nacional e das primeiras no estado español (xunto co de Artur Mas de CIU). Máis que tratarse dunha web política ao uso, a iniciativa dá verdadeira relevancia ás opinións e críticas dos usuarios, seguindo os criterios de participación social que están a transformar a rede de redes a nivel mundial. De feito os visitantes xa poden comentar, compartir e descargar en alta calidade cada un dos clips e axiña enviar as súas propias reflexións en video.

O carballo añón do Monte Pindo xa é especie protexida

O carballo añón ( Quercus Lusitanica , tamén coñecido como carballo anano ) conta cunha única poboación en Galiza radicada en apenas un quilómetro cadrado de Monte Pindo, dentro do triángulo que forman o Chan das Lamas, a Braña dos Aguillóns e o lugariño de San Cibrán. E agora vén de ser declarada especie protexida polo Observatorio da Biodiversidade, grazas aos esforzos da asociación ecoloxista ADEGA , que propuxo a catalogación desta especie en perigo e realizou tamén o seu inventariado. O Observatorio, presidido polo director xeral de Conservación da Natureza e integrado por expertos, universidades galegas, asociacións ecoloxistas e técnicos da Consellería, acordou por unanimidade a incorporación do carballo añón do Monte Pindo ao catálogo, para o que se tivo moi conta a súa singularidade. Acadado este importantísimo primeiro paso de cara á súa protección, agora ADEGA solicitará a declaración da área de distribución desta especie e do propio Monte Pindo como Monumento Natural, Pais...

Primeiro cabodano do falecemento da Galescola de Carnota

Onte mesmo a Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar (xestionada polo BNG) publicou un informe da situación dos nenos de 0-3 anos. Ata o 2005, logo de 16 anos de PP na Xunta, só un de cada dez nenos tiñan acceso a unha praza nunha gardería pública. Hoxe, só 3 anos despois, un de cada tres nenos galegos teñen acceso a esa praza. As prazas públicas pasaron de 6.595 a 10.909, nada menos que un 65,4% de incremento. En toda Galiza creáronse, nos mesmos anos, un total de 92 novas escolas infantís públicas, pasando de 118 en 2005 ás 210 existentes hoxe en día. De feito, a Rede Galega de Escolas Infantís deseñada polo BNG xa ten presencia en 35 comarcas, o que supón unha cobertura próxima ao millón de habitantes. Só no noso entorno Zas , Ponteceso e Boiro xa teñen a súa. E a previsión para o ano 2012 fálanos xa de 12.497 prazas. O PP non podía permitir que unha formación política sen ningunha experiencia de goberno na Xunta deixara en evidencia as súas miserias de 16 longos anos. Por is...

O PP asegura que a residencia de maiores de Carnota «non é prioritaria»

O goberno municipal de Carnota asegurou nun artigo publicado hoxe mesmo na prensa que a residencia de maiores prevista para Carnota polo anterior goberno municipal «non está entre as súas prioridades». No artigo recoñécese que a proposta chegara de man do candidato nacionalista no contexto das pasadas eleccións municipais, e coa que o propio vicepresidente da Xunta Anxo Quintana amosara o seu firme compromiso, mais que tras os comicios e co cambio de goberno municipal o proceso quedou «estancado» pois o actual executivo decidiu que non entraba nos seus plans (que logo de 17 meses aínda estamos por saber cales son). Aínda nos choca escoitar iso poucos meses despois de que o goberno municipal botara abaixo a Galescola contratada e puxera en tea de xuizo o Centro de Día xa en funcionamento co pretexto de que pretendía promover un «centro interxeneracional» (do que nunca máis soubemos) no que se agruparan os servizos sociais de Carnota, e nomeadamente gardería infantil, centro de dí...

Carnota queda sen polígono empresarial... o PP "resta e segue"

A estas alturas xa nada nos sorprende. Todo é parte do mesmo. Somentes é cuestión de ter un pouco de memoria. No comenzo da nova lexislatura os médicos de Carnota deixaron de ser substituídos durante as súas vacacións . A excusa do PP é que non teñen competencias . En consecuencia, a pasividade do novo goberno municipal significou o peche durante semanas dos centros médicos de Lira e o Pindo e o saturamento do único servizo que quedou en funcionamento, o de Carnota. Co goberno anterior nunca se producira esta situación... casualidade . Pouco despois suprímense uns servizos pioneiros na comarca e que eran un privilexio para un concello das dimensións de Carnota: a Escola de Idiomas, as escolas deportivas e a Escola de Informática, polas que pasaron moitos centos de veciños de todas as idades. A excusa, que non eran escolas senón cursillos . A consecuencia, a perda duns servizos públicos de calidade , gratuitos para o veciño e case gratuitos para o Concello... casualidade . Logo o gob...

Unha fotografía de Feijoó preside o despacho da tenente de alcalde

Non é a primeira vez que un veciño nos comenta entre risos que o retrato de Feijoó saúda a calquera veciño que entre ao despacho da tenente de alcalde/ alcaldesa en funcións , e loxicamente no BNG considerámolo unha broma sen maldade. Mais no día de onte a páxina oficial do concello de Carnota ilustrou unha nova cunha imaxe da sra. Piñeiro no seu despacho , e na que efectivamente se pode observar a dita fotografía do portavoz popular con toda claridade, acompañada pola propia concelleira no que parece ser un acto electoral do PP (pois aparecen na imaxe varios elementos de campaña). No BNG preguntámonos a que se debe, pois non nos consta que esa dependencia sexa o despacho particular da sra. Piñeiro, nin tampouco que o señor Feijoó ostente ningunha responsabilidade institucional en Carnota ou en Galiza, dito isto sen ánimo de ferir ningunha sensibilidade. Mais parecen quedar claras as preferencias do equipo de goberno de Carnota para saír na foto, persoas do seu partido aínda que non...

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Revista A Moa nº 27 - Primavera do 2008

E estreamos un innovador xeito de ver e compartir en liña o noso voceiro local. Para iso, preme aquí . Le e difunde! *Fé de erratas: No artigo Paseo marítimo do Pindo: Manipulación popular figura erroneamente o dato de que o Paseo marítimo do Pindo supuxo un investimento de máis de 3 millóns de euros para o noso concello. Esa cifra refírese á totalidade de investimentos de Costas no noso concello, nos diversos proxectos que enumeramos no mesmo artigo. En realidade o Paseo marítimo do Pindo significou por si mesmo un investimento de arredor de un millón de euros.