Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2021

Adxudicadas as obras para recuperar o entorno do Faro de Lariño

Alegrámonos moito de que este proxecto impulsado fai tres anos polo BNG se vaia a acometer de inmediato. Quedamos á espera de que a segunda parte do mesmo, que inclúe a dotación dun aparcadoiro para auto caravanas e outra pista de pádel se poida adxudicar de inmediato. Agradecémoslles ós veciños de Lariño a súa comprensión nun proxecto tan controvertido e desexámoslle que axiña poidan desfrutar dun espazo único.    https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/adjudican-las-obras-para-recuperar-el-entorno-del-faro-larino-en-carnota-EC8523987?fbclid=IwAR3o5CBAJ34I2rHY2XxBGtoAS1XirMoHRoOFYMMewVFUUWX3WyM4nPJuFJE    

Concesión do quiosco da Praza de Galicia en Carnota

Despois dunha reparación de 6446,82 €, o Concello de Carnota saca a licitación a "Concesión de quiosco situado en la Plaza de Galicia", tendo de prazo para a presentación de ofertas ata o 17/07/2021. Esta oferta foi publicada o día 02 de xullo na prataforma de contratación do Ministerio de Facenda, dende o BNG non entendemos como o Concello non lle da publicidade a esta oferta, e xa que non o fan eles, dende aquí deixamos os enlaces ó anuncio de licitación e ó prego de condicións por se hai algún interesado. https://contrataciondelestado.es/.../DOC_CN2021-014158... https://contrataciondelestado.es/.../DOC_CD2021-014210...