Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2008

Concelleira popular pídelle o voto aos nenos durante saída a Riazor

O domingo 27 de xaneiro organizouse unha saída en autobús con nenos de educación primaria e secundaria de Carnota para asistir ao partido que disputaban no Estadio de Riazor o Deportivo da Coruña e o Real Valladolid. A persoa adulta asignada para acompañalos foi Mª Jesús (Chus) González Senande, concelleira do PP no municipio e veciña de Lira. Segundo coinciden diversas persoas que se puxeron en contacto co BNG de Carnota, nun momento da viaxe de ida produciuse un insólito altercado entre a edil e os cativos. A sra. Chus González, facend o uso do micrófono do autobús e tras identificarse como concelleira, dirixiuse aos rapaces para pedirlles directamente o voto para a súa formación ou ben para que lles dixeran aos seus pais "que vot aran a Rajoy". Logo dun intre de estupefacción dos asistentes, parte dos nenos comezaron a increpala por "ir darlles un mitin" e berraron proclamas contra o PP. Nese momento, a edil popular mesmo enleouse nunha vergonzosa rifa verbal cos...

Ponse en marcha o Centro de Día de Pedramarrada

A Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar ven de poñer en marcha o Centro de Día de Pedramarrada, que pasa a formar parte do Sistema Galego de Benestar xunto con outros trece en toda Galiza. Este centro, cuxa inscrición de prazas xa está aberta, acollerá a arredor de 40 persoas maiores do noso municipio que disporán dunha atención centrada en todas as súas necesidades grazas aos servizos de xerocultura, enfermaría, intervención social, intervención sociocultural e fisioterapia dos que dispón o centro. En palabras do vicepresidente Anxo Quintana, esta infraestrutura é “o resultado dun compromiso, dunha idea de país e dun esforzo de xestión na implantación do Sistema Galego do Benestar” ademais dun "compromiso coas persoas maiores e coas súas familias, xa que “son centros pensados para ofrecer unha atención terapéutica integral, que fomenten a autonomía dos maiores e garanta a súa permanencia no seu contorno de referencia, un recurso de proximidade e de calidade que busca retrasar...

A perda da Galescola de Carnota xa é oficial

Ao longo do mes de decembro a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza comunicou ao Concello de Carnota a imposibilidade de aceptar a súa solicitude de prórroga para a reformulación do proxecto de Galescola de Carnota que aprobara o goberno anterior. Dita prórroga era claramente inviábel, tal e como xa advertimos nesta mesma páxina e no Pleno correspondente, posto que a partida orzamentaria específica que financiaba a práctica totalidade da Galescola de Carnota caducaba en decembro deste ano, data en que a obra tiña que estar non só comezada senón rematada e entregada . Calquera cun mínimo coñecemento da xestión pública tiña que sabelo, entendemos que o goberno municipal tamén tiña que sabelo. Non obstante optaron por insistir obcecadamente por derribar o proxecto xa contratado polo goberno anterior, facendo ouvidos xordos ás reiteradas advertencias do BNG e argumentando o "avanzado estado" dunhas supostas negociacións para ofrecer unha ubicación altern...