Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2007

Graciñas, Carnota

Logo duns días de necesario descanso polo duro traballo realizado durante a campaña, o BNG de Carnota xa está a traballar para organizármonos na oposición tras a perda da alcaldía que tivo lugar tras a xornada eleitoral do pasado 27 de maio, quedando o goberno do noso concello en mans do popular José Oreiro, como sen dúbida xa sabedes. Foi esta unha campaña durante a que o BNG de Carnota fixo un esforzo humano e material sen precedentes, pero sempre centrados nunha actitude construtiva, didáctica, dialogante e tentando fuxir da acritude que desde certos sectores da vida política local se tratou de impoñer mesmo agresivamente. De feito, se algo percibiron os veciños que acudiron aos nosos mitins ou leron o noso material editado, foi a nosa idea de seguir avanzando no desenvolvemento dun municipio próximo á cidadanía e atento ás súas problemáticas, próspero economicamente, xerador de emprego e substentábel medioambiental e urbanisticamente. Presentamos un programa de proxectos consi...

Gran festa de fin de campaña do BNG de Carnota

Logo do mitin de peche de campaña do BNG que se celebrará hoxe ás 20:00h. na Casa do Mar de Lira, a cita para todos os nosos veciños será na Festa de fin de campaña que o BNG de Carnota organiza na lonxa do porto do Pindo. Sardiñada, queimada, teatro, música folk e rock, agasallos... e todo de balde para os veciños do noso concello que acudan a disfrutar da festa e apoiar ao noso candidato Tomás Freire nestas derradeiras horas dunha campaña eleitoral que o BNG centrou en falar das súas propostas e presentar ao noso novo candidato. Quedades todos convidados! E para que Carnota siga avanzando, vota Tomás, vota BNG!

Tomás vence claramente no debate radiofónico da SER

Hoxe, entre as 11:30 e as 14:00 horas, tivo lugar na emisora comarcal Radio Nordés (Cadena SER) o debate político entre os tres novos candidatos á alcaldía de Carnota. A orde de intervencións estaba distribuída do seguinte xeito: primeiro o candidato do PSOE, Manuel Noceda, logo o candidato do Partido Popular, José Domingo Cipriano Oreiro, e por último o candidato do BNG á alcaldía de Carnota, Tomás Freire. Sen embargo esa orde viuse alterada en numerosas ocasións por mor dos turnos de réplica por alusións subscitados polo xefe da oposición carnotana José Oreiro polas súas intervencións centradas unicamente na crítica constante a labor efectuada pola coalición de goberno BNG-PSOE nestes últimos 8 anos. De feito, se algo deixou claro José Oreiro durante o debate foi que non contaba en absoluto cun programa de propostas para Carnota, o que tamén explica a súa descarada estratexia de tentar ancorar o debate en todo momento na crítica desaforada aos proxectos e programas dos que si dispoñe...

Para que Carnota siga avanzando

A falta de poucos días para o peche da campaña, podemos dicir que cada día recibimos máis mostras de apoio co noso proxecto e co noso candidato Tomás Freire , e que damos case por superada a situación de certo descoñecemento que si podíamos percibir hai uns poucos meses. Ademais, os mitins que levamos organizados ( O Pindo , Lariño , Carnota , San Mamede, Mallou...) están a demostrar moitísimo interese dos veciños polas propostas do BNG para as diferentes parroquias do noso concello, e tamén o compromiso de integrarse na dinámica de participación veciñal a todos os niveis que o BNG vai implantar se mantén o goberno do noso concello. Mesmo no eido de Internet, só nos dez días que levamos de campaña recibimos arredor de 2.500 visitas. As nosas propostas, que se adiantaran na última tirada do noso voceiro local A Moa e que xa se difundiron entre os veciños en forma de díptico-resumo do programa e programa extendido , están elaboradas cos pés no chan, desde unha perspectiva coñec...

En Carnota, xeración de emprego, servizos sociais, infraestructuras

O pasado xoves 17 tivo lugar o mitin do BNG na Casa do Concello de Carnota, que xa supón o terceiro no que vai de campaña. O acto foi presentado polo compañeiro Xosé Taxes (Pepe de Xan), ex-concelleiro do BNG de Carnota e hoxe en día Xuíz de Paz do noso concello respaldado pola unanimidade da corporación municipal. A primeira intervención chegou de man de Euloxio Franco, número 3 da candidatura e unha das caras novas dos postos de saída das listas do BNG tras a espectacular renovación efectuada pola formación nacionalista carnotana de cara a esta convocatoria eleitoral e ao que de seguro será o equipo de goberno de Carnota durante os vindeiros catro anos. Euloxio, valdeorrés de nacemento, casou cunha veciña do noso concello hai vinte anos e desde hai dous fixou a súa residencia definitiva na parroquia de Carnota, logo de anos na emigración coa súa familia. Camioneiro de profesión e aficionado á escultura con materiais reciclábeis, destacou desde a súa chegada pola súa total introdución...

O saneamento de Lariño marcou o mitin na localidade

O pasado martes tivo lugar o mitin do BNG na parroquia de Lariño. Foi no novo Centro Cultural da localidade nun acto presentado pola candidata nº 5 Consuelo Lamela. De seguido intervén o mozo veciño de Lariño e nº 7 da candidatura do BNG Guillerme Lago, cun discurso plagado de referencias á difícil situación dos mozos do noso concello con dificultades para atopar traballo e que mesmo se ven obrigados a saír a buscalo fóra, situación que grazas ao compromiso e esforzo do BNG está comezando a mudar por fin. Os datos, de feito, son esperanzadores: se ben durante os catro anos no goberno de Oreiro (PP) se produciu o maior fenómeno migratorio masivo dos tempos recentes, e as cotas de paro se elevaban ata o 13%, hoxe estamos a percibir unha inversión desta tendencia e logo de oito anos de goberno nacionalista a mocidade está a comezar a vislumbar as condicións óptimas para o seu retorno, e cun paro situado agora no 8% segundo o Instituto Galego de Estadística, o que supón un dos maiores desc...

Quintana aposta polo urbanismo respectuoso e substentábel que lidera o BNG

Durante unha visita ao noso concello no que non faltou un percorrido aéreo en helicóptero, Anxo Quintana comprobou acompañado polo noso novo candidato Tomás Freire que o noso concello segue a ser un exemplo de desenvolvemento urbanístico. Quintana afirmou que este acto expresaba o seu compromiso “cun urbanismo sustentábel, baseado no respecto ao territorio e ao litoral”. Cualificou a costa de Carnota como “un exemplo de como as cousas se fixeron ben, porque hai por Galiza demasiados exemplos dun urbanismo mal feito”. En palabras do líd er nacionalista, “o desenvolvemento económico se produce cando se conserva o espazo natural; se non é así, o que hai é depredación, non desenvolvemento”. “Estou convencido de que se alguén volve a Carnota dentro de catro anos, seguirá vendo unha paisaxe conservada”. Así mesmo, recordou os puntos chave do programa do BNG en urban ismo: impulso de Plans Xerais ou modificación dos vixentes no primeiro ano de mandato para adaptalos á lei do solo; compromiso...

Primeiro mítin de campaña no Pindo

Cunha multitudinaria asistencia de veciños desenvolviuse o acto electoral que abre a axenda de mitins do BNG de Carnota coa vista posta nas Eleicións Municipais que terán lugar o videiro día 27 de maio. O cartel de ponentes estivo conformado pola veciña do Pindo e candidata nº 5 Consuelo Lamela, a actual concelleira e nº 2 Merche Díaz, o conselleiro de Industria da Xunta de Galiza Fernando Blanco e o candidato do BNG á alcaldía de Carnota, Tomás Freire. O acto foi aberto pola intervención de Consuelo Lamela, veciña do Pindo e de profesión ama de casa, no que foi a súa primeira intervención nun acto político, que aproveitou para manifestar o agradecemento porque o BNG contara con ela para a elaboración das súas listas, e para louvar o traballo anónimo que ven facendo o BNG durante os catro anos no estudo das problemáticas do noso concello e na procura de solucións, traballo que nin o PSOE nin o PP desempregan, aparecendo tan só a dar a cara durante a campaña, e que nin sequera souberon ...

Radio Nordés entrevista aos tres candidatos de Carnota

Este 24 de maio ás 12 da mañá a Radio Nordés (Cadena Ser) invita a debater aos candidatos de PP, PSOE e BNG de Carnota. Desde o BNG de Carnota convidamos a todos os veciños a sintonizar a maior emisora comarcal para escoitar atentamente a Tomás Freire (BNG), Manuel Noceda (PSOE) e Pepe Oreiro (PP). Agradecemos a Radio Nordés e Cadena Ser que nos deran esta oportunidade para escoitar das súas bocas as propostas dos tres candidatos, e sobre todo pola oportunidade de escoitarmos por primeira vez cal é o proxecto que ten o señor Oreiro para Carnota, logo de catro anos sen ter moitas máis novas del que as faladorías baratas que andivo esparexendo polas tabernas.

Mitin do BNG no Pindo

O primeiro mitin da campaña do BNG terá lugar na escola do Pindo ás 20:00 horas de mañá domingo 13 de maio. Falarán: · Consuelo Lamela (Nº 5 da candidatura do BNG) · Merche Díaz (Nº 2 da candidatura do BNG ás municipais) · Fernando Blanco (Conselleiro de Industria da Xunta de Galiza) · Tomé Freire (Candidato do BNG á alcaldía de Carnota Para que Carnota siga avanzando, vota BNG!

Unha candidatura forte para un proxecto sólido

A nosa candidatura destaca por presentar un equilibrado número de homes e mulleres e unha xusta representación de cada parroquia. Pero tamén, e sobre todo, por constituír un equipo de persoas cunha dilatada experiencia nos movementos asociativos veciñais de Carnota. Entenden o noso concello e coñecen as inquedanzas dos seus veciños. En todo caso, propoñemos un equipo de persoas moi queridas e respeitadas polos seus veciños que non só saben escoitar senón que saben propoñer solucións para as problemáticas de Carnota, e iso demóstrase andando durante toda a lexislatura. Estes son os veciños que mellor representan a vontade do BNG de continuar os proxectos comezados durante estes últimos oito anos mais insuflando aire fresco e novos proxectos para seguir desenvolvendo, entre todos, este concello que se atopa nunhas condicións ideais para o seu despegue socioeconómico. Con esta confianza vo-los presentamos, e tamén coa seguridade de que veredes neste equipo a mellor opción para, coa axuda...

Deu comezo a campaña

Ás 12 en punto desta noite abriuse oficialmente a campaña eleitoral para as eleicións municipais do 27 de maio. Como non podía ser doutro xeito, tivo lugar a tradicional pegada de cartaces do BNG de Carnota, caracterizada este ano por estar pasada por auga. A ese momento asistiron por suposto o noso candidato Tomé Freire, así como varios membros da nosa candidatura e militantes do BNG. Centrarase esta campaña na aposta por dar a coñecer o noso candidato e os nosos proxectos aos veciños de Carnota, mais sobre todo no trato directo co veciño para coñecer as súas inquedanzas e animalo a apoiar co seu voto este ilusionante proxecto que o BNG encabeza, mais tamén en participar nos catro próximos anos nun proxecto municipal cuxo principal obxectivo será capitalizar a mellor situación económica e inversora que nunca tivo o concello de Carnota.