Non podemos deixar de abraiarnos coa irracional política de personal que vén desenvolvendo o actual goberno de Carnota nun dos contextos económicos máis delicados da etapa democrática. Os traballadores, sexan do sector público ou da empresa privada, desempregan un determinado traballo polo que reciben unha retribución. Ao noso entender, o traballo dignifica ás persoas que o exercen posto que ademais de supoñer progreso e realización individual é a base do progreso e do benestar colectivo. Xa referíndonos estrictamente aos entes públicos (e xa non digamos os concellos, institución pública máis próxima á cidadanía) deben levar unha política de contratación e de xestión do persoal axeitada para garantir a execución da función pública que lles é encomendada. Nos 2 anos que leva o PP no timón de Carnota o único que fixo é aplicar o rodillo nas contratacións, dilapidando sen ningún criterio obxectivo os recursos humanos e os fondos públicos dos que ata agora dispoñía o concello. Para que ...