Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2021

Banco do Bico do Santo

Diante da polémica suscitada en relación á instalación e posterior retirada do banco do Bico do Santo, o BNG quere aclarar o seguinte: 1.- O BNG non colocou o banco 2.- O BNG non retirou o banco 3.-O BNG non presentou ningunha denuncia nen NUNCA tivo intención de facelo 4.- O BNG simplemente se limitou a preguntar retóricamente nunha publicación por esta vía sen sinalar a ninguén.  

De todo menos crebas

Se os peixes come-crebas puido resultar nun principio unha boa idea, aparte de que resultasen estéticos nas súas localizacións ou non, o uso que se lles está dando demostra que non é así. Non pode ser que se utilicen como colectores de lixo, consideramos que en cada un dos peixes, debería estar perfectamente explicado o que é unha creba, e o que debe ou non debe meterse pola boca deses peixes. O impacto visual dos peixes ateigados de lixo non é a mellor imaxe que podemos trasladar á xente que nos visita e xs veciñxs aparte dos cheiros que desprenden. Ademais a periodicidade do baleirado e a forma no que se fai non son nin moito menos o axeitado. Os operarixs municipais para proceder ao baleirado dos peixes teñen que meterse dentro dos mesmos, có conseguinte perigo que leva aparellado pola presenza de todo tipo de materiais, como cristais, xiringas, etc. Preguntado ao Sr. Alcalde no último pleno polo asunto o argumento que nos esgrime é que os empregadxs municipais xa “utilizan guantes...

O banco do Bico do Santo

Estes días puidemos ver nas redes sociais unha foto dun banco de madeira instalado no Bico do Santo, supoñemos que a colocación do mesmo conta con tódalas autorizacións e permisos de patrimonio, ao estar localizado nun xacemento arqueolóxico do medievo e que consta como inventariado no catálogo de patrimonio municipal. Se todo está en orde, pois nada, a desfrutar das vistas,e facemos nosas as palabras do concello, respectemos o noso patrimonio!!