Máis dun cento de persoas participaron na homenaxe a Castelao organizada polo BNG de Carnota na Casa do Mar de Lira, nun acto celebrado o venres 24 de outubro dentro do Ano Castelao, con motivo do 75 aniversario do seu falecemento. O acto contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e de Primitivo Pedrosa . A presentación correu a cargo de Cristina Caamaño e varias persoas realizaron unha lectura pública de fragmentos de Sempre en Galiza , a obra fundamental de Castelao. A homenaxe tamén tivo unha parte musical, coa actuación da veciña Fátima Dosil, que interpretou o coñecido tema “Lela”. O acto rematou coa entoación do himno galego, acompañado polo gaiteiro Xosé Manuel. Na súa intervención, Ana Pontón destacou a pegada de Castelao no pensamento nacionalista galego e lembrou o seu papel na creación, en 1944, do Consello de Galiza, institución galega no exilio, polo que é recoñecido como primeiro presidente galego. Primitivo Pedrosa lembrou que Castelao celebrou un a...