Máis dun cento de veciños arrouparon en Caldebarcos o equipo que vai transformar Carnota Desbordáronse todas as previsións de asistencia á cea-presentación da candidatura do BNG de Carnota : máis dun cento de veciños achegáronse a Caldebarcos para arroupar masivamente a posta de longo de Moncho Noceda e do equipo do BNG de Carnota. Foi durante un acto que culminou en festa rachada e que foi presentado pola responsábel local, Belén Campos , no que tamén estiveron acompañados polo deputado Bieito Lobeira . Nun ambiente cordial, alegre e sobre todo fraternal, os veciños e as veciñas coñeceron a candidatura do BNG e tamén a idea estrela: transformar Carnota desde a sociedade e para a sociedade . Como explicou Ramón Noceda, lonxe de propostas irrealizábeis, o BNG é consciente da absoluta ruina económica e social do executivo municipal en mans do PP, e sinalou que só co apoio da sociedade e para a sociedade Carnota pode aspirar a ter un futuro digno, e onde os seus fillos e fillas no...