Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta redes

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

4 anos do premio a Carnota en Berlín

Hoxe fai 4 anos que o vídeo turístico promocional de Carnota "O Legado" era galardonado nos The Golden City Awards , os premios audiovisuais de turismo máis prestixiosos a nivel mundial no marco da ITB (Feira Internacional de Berlín). Pois ben, recentemente publicouse nun portal especializado clubrural.com que Carnota resultara como pobo favorito da provincia da Coruña.  Estamos encantados de que o traballo realizado de promoción polo goberno de BNG Carnota , poidese contribuir en certa medida a este recoñecemento popular

O BNG de Carnota estrea unha app para recoller achegas ao Programa

Captura da app Cando se achega o ecuador da rolda de Asembleas veciñais con que o BNG de Carnota tenta achegar á veciñanza o seu traballo no goberno de Carnota e recoller todas as súas necesidades e inquedanzas para incorporalas ao novo Programa de Goberno 2019-2022, o BNG de Carnota presenta unha app para dispositivos móbiles. A aplicación xa se pode descargar na tenda de Google Play para dispositivos Android , e permite lanzar propostas ao equipo de campaña do candidato nacionalista Milucho Louro, para que as poidan sumar ao traballo de recollida de ideas que levamos un mes a desenvolver polos distintos lugares do noso Concello. É a primeira vez que o BNG opta por unha plataforma deste tipo para comunicarse coa veciñanza, continuando coa nosa decidida aposta por Internet e as novas tecnoloxías coma un método para achegarse e contactar coa veciñanza que se atopa desprazada fóra do noso municipio. Neste eido, cabe lembrar a exitosa traxectoria das redes sociais do BNG, con perf...

Presentouse ante a veciñanza a candidatura do BNG de Carnota

Nun acto ateigado de veciñanza ata o aforo máximo que se podía dispoñer no restaurante A Morosa, no que o bo humor e a ilusión caldeou o ambiente, foi o propio candidato Moncho Noceda quen exerceu de mestre de cerimonias, comezando por nomear os 21 homes e mulleres que serán as caras visíbeis deste proxecto . O aspirante a revalidar a alcaldía transmitiu que o proxecto de goberno do BNG seguirá na liña da transparencia, a honradez e a participación veciñal. Para poder levalo a cabo, é necesario que o BNG conte co suficiente apoio veciñal para gobernar sen ataduras nin chantaxes de ninguén, só mirando os intereses veciñais . Neste senso, e dado que resulta máis que probábel a existencia dun pacto PP-PSOE para desprazar ao BNG do goberno, Noceda animou a traballar con ilusión e forza para convencer á xente de que o 24 de maio confíen maioritariamente nun proxecto que servirá para consolidar a idea dun concello xusto, democrático e transparente, pensado por e para a xente. ...

A páxina do BNG de Carnota cumpre 10 anos

A firme aposta do BNG de Carnota polas novas tecnoloxías para informar á veciñanza cumpre xa unha década. Un 24 de abril de 2005, ás 17:32h, colgamos na nova páxina  www.bng-carnota.org   esta mensaxe : Benvidos ao blog do BNG de Carnota! A través deste espazo dixital pretendemos dar conta das novas máis relevantes sucedidas no noso concello aos viciños e visitantes, e recoller as suxerencias, comentarios, opinións e críticas de todos aqueles que desexen axudarnos a crecer como organización, e a facer de Carnota un mellor lugar para todos e todas. Unha aperta afectuosa Daquela Internet estaba aínda moi lonxe de estar xa non en case todos os petos, senón na inmensa maioría dos fogares. Onde o había, a información alternativa consultábase en  Vieiros  e o máis social que existía eran os foros e as salas de chat. Nese contexto o BNG de Carnota necesitaba unha canle de comunicación coa veciñanza que estaba fóra, do mesmo xeito que A Moa , o noso voceiro local en papel...

Rexeitamento veciñal unánime ao proxecto de Gas Natural a carón do Colexio de Carnota

Aspecto do Salón de Actos O Salón de Actos do Concello de Carnota acolleu onte unha Asemblea Veciñal para explicar o alcance da infraestructura proxectada pola empresa Gas Natural con apoio da Xunta a escasos 60 metros do Colexio Público de Carnota, unha obra que parece feita, como temos denunciado , desde os despachos e sen poñer un só pe na zona. Non fixo falta que transcurrira moito tempo de reunión para certificar o rexeitamento unánime da veciñanza presente no acto, que xa se adheriu decididamente ás alegacións que ten redactado o Concello para deter o proxecto, e que xa supera o medio centenar aínda que prevese que esta cifra sexa moi superior moito pois a veciñanza vai a distribuír copias das alegacións entre a xente que non puido asistir á reunión. Quen o desexe pode descargar aquí as alegacións (PDF) que deberán asinarse con nome, apelidos e DI para parar este proxecto temerario e perxudicial para o futuro do noso concello, que son as nenas e os nenos. O escrito de a...

O BNG de Carnota estrea a versión móbil da súa páxina

O BNG de Carnota renova a súa aposta polas novas tecnoloxías e anuncia a presentación dunha versión da súa páxina web m.bng-carnota.org especialmente adaptada para os dispositivos móbiles. Nos máis de 6 anos de esforzo por achegar as posturas do BNG de Carnota á sociedade pola rede, viñemos constatando un exponencial incremento dos accesos desde móbiles Symbian (277), iPhone (137), Android (58),  BlackBerry (6) ou mesmo iPod , que nin sequera é un móbil propiamente dito. Co gallo de facilitar o acceso desde dispositivos que en moitos casos non consiguen reproducir axeitadamente algúns os contidos, xa sexa polas súas limitacións técnicas ou pola escasa velocidade de acceso a Internet dispoñíbel en Carnota, desenvolvemos esta nova versión móbil que alixeira e simplifica extremadamente a carga e a visualización de todos os contidos, e por suposto sen cercenar as opcións máis aprezadas polos nosos usuarios, como poden ser as imaxes ou a posibilidade de comentar libremente o...

A web do BNG consolídase como referente internacional sobre Carnota

Desde que puxemos este espazo a andar arredor do ano 2005, as cifras de visitantes a esta web non deixan de sorprendernos. O que foi en principio unha páxina concebida para dar a coñecer dun xeito áxil os posicionamentos políticos do BNG aos veciños, e tamén a recoller as súas inquedanzas, agora sérvelle a miles de persoas de todo o mundo para poder manter -aínda que sexa de xeito virtual- un pe no noso concello e saber o que pasa nel. Só no primeiro semestre deste ano, algo máis de 2.300 persoas accederon a esta páxina. Esa é, probabelmente, unha cifra moi superior a todos os habitantes de Carnota con acceso á "rede de redes". Pero é que ademais, estas visitas prodúcense ao longo e ancho do globo terráqueo. Asi, se ben as visitas proceden amplamente de Carnota e das sete grandes cidades galegas, moitas visitas veñen de lugares tan dispares como España, Catalunya, Euskadi, Canarias, Reino Unido (cunha sorprendente profusión de visitas irlandesas) e outros destinos europeos tr...

Retomamos a actividade neste blog

Despois de case un ano de inactividade neste espazo debido a centrarmos os nosos esforzos na web do BNG de Carnota e logo de varias peticións dos nosos lectores decidimos recuperala como complemento á dita páxina, co que por outra parte subsanaremos algunhas eivas da web nacional coma a sindicación dos contidos . Vémonos axiña. Grazas.

Nova web do BNG de Carnota

Infórmamos que acabamos de botar a andar a sección correspondente ao BNG de Carnota dentro da páxina web nacional do BNG. Para achar calquera información de actualidade sobre o BNG de Carnota, dos membros ou do traballo do grupo de goberno municipal, invitámoste a consultar a nova web, sita no enderezo www.bng-galiza.org/carnota , tamén accesíbel desde a sección de ligazóns da web principal. Por conseguinte damos esta páxina por clausurada. Grazas polo teu interese.