A firme aposta do BNG de Carnota polas novas tecnoloxías para informar á veciñanza cumpre xa unha década. Un 24 de abril de 2005, ás 17:32h, colgamos na nova páxina www.bng-carnota.org esta mensaxe:
O momento máis álxido da web foi cando en xuño 2011 apareciu publicado no agregador de novas Menéame a noticia de que o BNG reducira os soldos políticos un 82% con respecto ao anterior gobenro do PP, isto supuxo un pico histórico de 26 mil visitas só nese mes. Como curiosidade, a noticia publicada onte dando a coñecer a nosa candidatura sumou 1.850 visitas en 24 horas, o que constata que unha década despois o espazo dixital do BNG de Carnota segue tendo moi boa saúde.
Para agradecer a fidelidade de quen durante dez anos nos seguistes por este medio, o BNG de Carnota vai lanzar hoxe 24 de abril ás 17:32 horas (aproximadamente) o redeseño integral da nosa páxina, que será moito máis visual e adaptativo. Ademais por fin contaremos cun dominio Puntogal e a páxina pasará a estar tamén accesíbel desde o enderezo bng.gal/carnota. Do mesmo xeito a conta de correo electrónico para contactar con nós pasa desde este preciso momento a ser carnota@bng.gal.
O BNG de Carnota refresca deste xeito a súa histórica aposta polas novas tecnoloxías, dada a necesidade de contar con vías de comunicación propias e directas, sen intermediarios coa veciñanza. Esta aposta será ademais o preludio á revisión completa da presenza en Internet e nas redes sociais do Concello de Carnota que o BNG vai desenvolver na vindeira lexislatura se conta co respaldo veciñal suficiente para gobernar, coa creación dunha web de Turismo e outra do Museo Aberto (xa moi avanzadas), alén do propio redeseño integral da actual web municipal www.concellodecarnota.com, que contou desde a súa creación no anterior mandato con problemas de funcionamento.
Benvidos ao blog do BNG de Carnota!Daquela Internet estaba aínda moi lonxe de estar xa non en case todos os petos, senón na inmensa maioría dos fogares. Onde o había, a información alternativa consultábase en Vieiros e o máis social que existía eran os foros e as salas de chat. Nese contexto o BNG de Carnota necesitaba unha canle de comunicación coa veciñanza que estaba fóra, do mesmo xeito que A Moa, o noso voceiro local en papel, nos poñía en contacto directo coa veciñanza que estaba aquí. Asi, o que comezou sendo unha experiencia piloto para ir colgando cousas da vida política carnotá, foi gañando presenza e referencialidade, ata sumar hoxe 287 novas publicadas que recibiron máis de 126.600 visitas, e iso que o contador comezou a funcionar en xuño de 2010. Tamén é moi de destacar o seu papel de espazo de libre expresión, e nese senso a adición aberta e mesmo anónima de comentarios foi moi positiva, pois a veciñanza non atopa esta posibilidade en ningún outro medio.
A través deste espazo dixital pretendemos dar conta das novas máis relevantes sucedidas no noso concello aos viciños e visitantes, e recoller as suxerencias, comentarios, opinións e críticas de todos aqueles que desexen axudarnos a crecer como organización, e a facer de Carnota un mellor lugar para todos e todas.
Unha aperta afectuosa
O momento máis álxido da web foi cando en xuño 2011 apareciu publicado no agregador de novas Menéame a noticia de que o BNG reducira os soldos políticos un 82% con respecto ao anterior gobenro do PP, isto supuxo un pico histórico de 26 mil visitas só nese mes. Como curiosidade, a noticia publicada onte dando a coñecer a nosa candidatura sumou 1.850 visitas en 24 horas, o que constata que unha década despois o espazo dixital do BNG de Carnota segue tendo moi boa saúde.
Redeseño integral para agradecer a fidelidade da veciñanza
![]() |
| Moncho Noceda proba a nova páxina |
O BNG de Carnota refresca deste xeito a súa histórica aposta polas novas tecnoloxías, dada a necesidade de contar con vías de comunicación propias e directas, sen intermediarios coa veciñanza. Esta aposta será ademais o preludio á revisión completa da presenza en Internet e nas redes sociais do Concello de Carnota que o BNG vai desenvolver na vindeira lexislatura se conta co respaldo veciñal suficiente para gobernar, coa creación dunha web de Turismo e outra do Museo Aberto (xa moi avanzadas), alén do propio redeseño integral da actual web municipal www.concellodecarnota.com, que contou desde a súa creación no anterior mandato con problemas de funcionamento.
Novas relacionadas
Primeira mensaxe de benvida publicada na páxina do BNG de Carnota o 24 de abril de 2005.

Comentarios
Publicar un comentario