Incremento dos soldos políticos, que no caso do alcalde alcanzarían o tope legal O novo goberno suspendiu o pleno desta tarde no que pretendía aprobar unhas retribucións disparatadas, tras advertirlle o BNG que non fora debidamente convocado A polémica non se fixo agardar, e o presaxio que xa anticiparon na prensa practicamente o día despois das eleccións evidenciouse tamén no primeiro día do novo goberno local, cuxa proposta de retribucións significa que o PSOE dispara un 31,7% os gastos políticos do Concello de Carnota , ou iso pretenden, antes de ter sequera tempo material de coñecer a súa situación económica. De prosperar a proposta socialista, os arredor de 31 mil euros de salario percibidos por Moncho Noceda no seu último ano incrementaríanse ata os 41.416 euros que pretende cobrar o novo rexedor Juan M. Saborido, quen busca asi incrementar o seu soldo en total un 33,6%, ata alcanzar o máximo legal permitido . Por outra parte o PSOE pretende remunerar con outros 16.800...