Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2021

Beirarrúas do Concello sen arranxar

O máis escancaloso en Lariño e xa vai para tres meses! O Alcalde e a Tenente de Alcalde din no anterior pleno que non se arranxa porque é de carreteras e non van a gastar cartos do Concello. Parece ser que para o goberno local a beirarrúa en Pedrafigueira non é de carreteras e pese a estar en bo estado recórtana máis de 4 metros perxudicando a veciñanza. Cal é o motivo e a urxencia para que aquí si se gasten os cartos do Concello?                       

O BNG de Carnota apoia as concentracións de SOS Sanidade e presenta unha reclamación no Centro de Saúde

  Hoxe mércores están convocadas concentracións en defensa da sanidade pública en todo o país, e o BNG apoia e participará na concentración convocada en Cee para as oito da tarde. Ademais diso, as 13.30 horas, as nosas concelleiras Belén Campos e Pilar Tubío presentaron unha reclamación ante o Sergas na que se pide que volvan as consultas presenciais, co seguinte texto: Como usuario/a do Servizo Galego de Saúde, considero que non hai xustificación algunha para que un ano despois de iniciada a pandemia continúen as restricións para as consultas presenciais, as demoras de ata semanas para acadar unha cita telefónica ou as colas ás portas dos centros de saúde. A Covid 19 non pode servir de excusa para seguir sen atender presencialmente, sobre todo porque supón unha atención moi limitada, especialmente para as persoas maiores, inmigrantes ou para as que teñen dificultade de expresar ou entender. Ademais, non podemos esquecer que a consulta presencial supón proximidade, confianza e seg...

Parabéns á veciñanza da Montaña de Carnota! O seu local social xa é unha realidade

Os veciños da Montaña de Carnota ven cumplido un dos seus desexos, axiña poderán disfrutar do seu novo Centro Social construído no Valadiño. Dita actuación levouse a cabo grazas ao financiamento con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña do ano 2018, aprobado polo anterior goberno do BNG e co apoio unánime de toda a Corporación Municipal, atendendo así as reiteradas demandas veciñais recollidas nas diversas asembleas que tiñan lugar con carácter periódico dando verdadeiro protagonismo ao pobo, mediante unha efectiva participación veciñal. Parabéns a veciñanza da Montaña e agardamos poidan disfrutar dun espazo tan necesario para a dinamización socio-cultural da zona.          

Propostas do BNG no pleno do pasado 5 de abril

No pleno do día 5 de abril pasado dende o BNG fixemos as seguintes propostas: Controlar e selar os distintos vertedoiros incontrolados existentes ao longo do Concello. Algún deles xa foron selados no seu día polo anterior goberno municipal do BNG.   · Arranxo da beirarrua de Lariño , afundida o pasado 11 de febreiro, como consecuencia do último temporal. Vai xa para dous meses e séguese sen reparar co consecuente trastorno para os viandantes que non poden transitar por este punto, véndose na obriga de ir pola estrada xeral, co perigo que iso conleva, e máxime cando, é unha zona moi transitada polas nenas e nenos que van cara a pista polideportiva e o parque infantil da Lomba da Granda.   · Gravación dos plenos . Existe un gran interese por parte da veciñanza de Carnota en coñecer as posturas e puntos de vista dos distintos grupos municipais do Concello nos temas abordados nos plenos, mais aló do que cada grupo publica polas súas vías, para elo, e como xa prantexamos no seu dí...

Crónica do pleno ordinario do 5 de abril de 2021

A continuación imos facer un resumo dos puntos da orde do día do pleno ordinario celebrado o pasado luns. Douse conta da liquidación do presuposto do 2020 Aprobouse por unanimidade a declaración de prescrición de obrigas recoñecidas pendentes de pago Aprobouse por unanimidade a declaración da Costa da Morte como reserva local de surf. Un dos puntos da orde do día foi a “Aprobación do Plan Anual Normativo” que implica a aprobación, derrogación e modificación de varias ordenanzas municipais así como a regulación do teletraballo e a asignación do complemento de produtividade do persoal do Concello, o BNG abstívose e cando sexan levadas a pleno e estudadas detidamente cada unha delas votaremos en consecuencia xa que algunha podería afectar aos prezos actuais dos servizos municipais. Volveu a tratarse neste pleno as solicitudes de subvencións nominativas á Deputación para os proxectos de mellora de alumeado público, coa dotación de luces led, que saíu adiante cos 5 votos a favor do equipo...