O BNG pide o reforzo de servizos médicos e novas especialidades no hospital público da Costa da Morte
O BNG reclamou á Xunta de Galiza o reforzo de varios servizos médicos e a creación de novas especialidades no Hospital Público Comarcal Virxe da Xunqueira, en Cee. O deputado Oscar Insua presentou iniciativas no Parlamento galego para demandar máis medios nun hospital que atende a veciñanza da Costa da Morte e que continúa sen contar con servizos suficientes para garantir unha atención en igualdade de condicións co resto de Galiza. Entre as medidas reclamadas polo BNG está a creación dunha nova praza de psiquiatría para reducir as listas de agarda e mellorar a atención ás persoas usuarias. Tamén se demanda a recuperación do servizo de hospitalización a domicilio, HADO, dotándoo do persoal necesario para que funcionen as dúas unidades existentes hai un ano. O BNG reclama ademais un verdadeiro servizo de cardioloxía, coas prazas necesarias para que funcione as 24 horas do día e os 365 días do ano; unha quenda máis de diálise; e a ampliación do servizo de REA, sala de reanimación, á qu...