Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2008

Galescola «enterrada no monte»

A concelleira popular Marisol Piñeiro saíu recentemente á palestra para asegurar a Galescola que o PP atopou contratada ao chegar ao goberno de Carnota «estaba enterrada no monte, non vale», para xustificar así o rexeitamento do novo goberno municipal ao proxecto. Disque unha imaxe vale máis ca mil palabras, analisade logo a seguinte captura da zona prevista para a Galescola (en amarelo ): (En vermello, Centro de Saúde. En azul celeste, CEIP San Gregorio de Carnota. En violeta, Casa do Concello. En verde, pavillón polideportivo de Carnota). Ademais, recoñeceu que «temos o compromiso do vicepresidente (Quintana) de que en canto poñamos un sitio, farán o necesario para traer a Galescola». O que o PP non parece ter tan claro é a excusa para non ter ofrecido aínda ningunha ubicación alternativa (o que é fácil de explicar, pois o propio arquitecto municipal mantivo sempre que a aprobada é única alternativa viábel). Porén o PP segue fantaseando, en palabras da propia concelleira, co seu «es...

O alcalde acusa de crispar crispando

O alcalde acusou recentemente en varios medios ao BNG de crispar á poboación á raíz das numerosas queixas remitidas por veciños ao Valedor do Pobo por mor dos recibos do saneamento que levan recibindo desde fai meses sen contar en ningún caso con ese servizo. O BNG de Carnota quere desmarcarse das acusacións sen fundamento que se emitiron desde a alcaldía, pois como formación política non participou en ningún aspecto do procesamento das ditas queixas ao Valedor, se ben varias persoas vencelladas ao BNG si apoiaron a protesta, ao igual que outras moitas afíns ao PSOE ou ao PP. Tampouco o BNG deu difusión á iniciativa na súa web , no seu voceiro nin en ningún outro medio. Por iso non son comprensíbeis os ataques directos ao BNG como única resposta a unha protesta veciñal absolutamente lexítima. Capítulo aparte merece o feito de que algunhas das persoas que transmitiron esa queixa foran mentadas na prensa con nome e apelidos para tratar de demonizar e politizar esta protesta veciñal, po...