Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

A Moa volve con forza cun novo número, xa en reparto

O BNG de Carnota puxo en reparto un novo número de A Moa , o boletín local da organización nacionalista. Nesta ocasión, o reparto comezou pola Montaña, achegando á veciñanza información, análise e contidos propios sobre a actualidade municipal e política de Carnota. A Moa é unha ferramenta de comunicación directa coa veciñanza, pensada para informar, render contas e trasladar propostas fóra da inmediatez das redes sociais. Nun tempo no que boa parte da comunicación política queda reducida a mensaxes rápidas, o boletín permite explicar con máis calma os asuntos municipais, as denuncias do BNG, as propostas e a posición da organización sobre os temas que afectan ao concello. Desde o BNG de Carnota convidamos a veciñanza a ler, comentar e compartir este novo número. A información municipal debe estar ao alcance de todas e todos, tamén en papel, lugar a lugar e casa a casa.

Biotoxinas: máis controis e subzonas tamén no Pindo e Carnota

O BNG reclamou melloras nos controis de biotoxinas que afectan á extracción de solénidos, como a navalla e o longueirón, unha cuestión de importancia directa para o sector do mar tamén no Pindo e Carnota. Na actualidade, a zona de control divídese en dúas subzonas e realízanse dous controis analíticos semanais. Cando aparece un resultado positivo, paralízase toda a extracción durante sete días, sen análises intermedias que permitan reabrir antes se a situación mellora. adou o BNG, o sector propón crear máis subzonas, incluíndo ámbitos como o Pindo ou Carnota, e realizar análises diarios cando haxa un positivo, até que os resultados volvan ser negativos. A finalidade é evitar peches prolongados e xeneralizados que prexudican a actividade extractiva sen atender suficientemente á realidade de cada zona. ecta un sector relevante: arredor de 50 mergulladores en 16 embarcacións. En 2025 facturáronse 3,3 millóns de euros, con 153.000 quilos de navalla e 163.000 quilos de longueirón. que a X...

Moción pola gratuidade da AG-55

No pleno do Concello de Carnota do día 8 de maio de 2026 foi aprobada por unanimidade a moción presentada polo BNG para esixir ao goberno da Xunta de Galiza a gratuidade da autovía AG-55 . A iniciativa reclama que a AG-55 deixe de estar sometida a peaxe e pase a ser unha vía gratuíta para a veciñanza. Trátase dunha demanda de gran importancia para Carnota e para o conxunto da Costa da Morte, xa que esta autovía é unha infraestrutura básica para os desprazamentos por motivos laborais, sanitarios, educativos, administrativos e familiares. Desde o BNG defendemos que non é xusto que a veciñanza da comarca teña que seguir pagando por unha vía esencial para a súa mobilidade diaria. A peaxe da AG-55 supón unha carga económica engadida para milleiros de persoas e constitúe unha discriminación territorial que afecta directamente á Costa da Morte. A aprobación unánime desta moción no pleno de Carnota expresa unha posición clara da corporación municipal: a gratuidade da AG-55 é unha reivindi...