Hoxe empezamos coas preguntas que fixemos por escrito presentado o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro: • Despois da súa visita a augas de Galiza, cal é o compromiso deste organismo co saneamento de Lariño? Resposta: Reunironse ca directora xeral de Augas de Galicia que xa sabe do proxecto. É a Consellería de infraestructuras quen ten que valorar. Pediron xa unha cita con Ethel Vázquez. Conclusión: Menos mal que en augas de Galiza coñecen o proxecto que fixeron eles! O certo é que despois da tan anunciada reunión segue sen haber compromiso algún por parte de Augas de Galiza co saneamento de Lariño , como xa vimos no publicado na Voz de Galicia do día 24 de novembro. • Por que non se publican os contratos menores no perfil do contratante do Concello conforme ao artigo 63.4 da LCSP? Resposta: Foi un problema técnico e xa fixeron hoxe (26/11/20) as publicacións...