Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 26/11/2020

INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 26/11/2020

Tal e como nos comprometemos no seu momento, nos vindeiros días imos dar conta do tratado no último pleno ordinario celebrado o pasado xoves 26/11/2020.

•        Aprobación por unanimidade da Conta Xeral do exercicio 2019.

•        Aprobación por unanimidade do PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXIA SOSTIBLE ao que o Concello adheriuse o 12 de marzo de 2019, co pacto de Alcaldes polo Clíma e a Enerxía.

•        Aprobación do Plan Financieiro Económico (PEF) coa abstención do BNG por non contar ca oposición para a súa elaboración nin coñecer a situación económica real do Concello, a pesares de que fai un mes pedimos información neste sentido e non tivemos contestación. Ao suspenderse polo goberno do Estado a regra de gasto este plan xa non é preciso. O plan é para dous anos 2020 e 2021, o 2020 xa está a rematar. Polo que precisamos que o goberno municipal se poña a traballar XA na proposta de orzamentos para o ano 2020.

Asi mesmo tamén presentáronse unha serie de preguntas(formuladas previamente por escrito) que nos fixeron chegar xs veciñxs por varías vías, ademáis das prantexadas polo propio grupo municipal do BNG, entre as que queremos destacar hoxe as formuladas no pleno do 1 de outubro e contestadas polo alcalde dous meses despois.

•        Quen mandou cortar os pinos en Lamas?

     Resposta: O alcalde, por suposto claro.

     Conclusión: Para esta resposta tan complicada e técnica    esperamos dous meses? O 15 de xuño o BNG presenta escrito, a    día de hoxe sen contestar, solicitando a entrega de copia do     expediente ou resolución no que se acorda cortar os pinos e a   taxación da madeira. A vista de que polo alcalde non se     responde solicitamos informe ao secretario da corporación que     nos di “.... o Secretario non ten coñecemento formal da i    incoación dun expediente,...”

     Sabemos que o alcalde mandou cortar uns pinos propiedade do      Concello sen ningun tipo de acordo ou expediente. Non coñecemos a taxación deses pinos. Non sabemos quen cortou    os   pinos. Non sabemos se hai cartos ingresados no Concello   por eses pinos, onde están os cartos dos pinos?

 

Dende o BNG esiximos transparencia e cumprir cos procedementos legais!!


 

 

•        Por que deixou marchar do Concello de Carnota a Mostra de   Mares do Fin do Mundo?

     Resposta: Foi a productora quen marchou. O último día dixolle   que cambiaba de Concello. Non sabe porque marcharon. Foron a   falar a Deputación e tiñan unha subvención o dobre do ano     pasado.

     Conclusión: Outra resposta complicada que o alcalde precisa      pensar dous meses!! O que di o alcalde non é certo, ao BNG      constalle que foi o propio concello quen non estaba disposto    a participar con 6.000€ que foi a participación do Concello de Outes. Por 6.000€ o goberno local de Carnota deixa marchar unha mostra de repercusión internacional que para si queren     outros concellos.


 

 

Son moitas as preguntas que fixemos para ser contestadas no pleno do día 26 polo que imos ir aos poucos e nos próximos días iremos publicando o resto.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón