A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso, na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de Néstor Rego, único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español.
Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles convén.
O BNG seguirá empregando todas as vías institucionais ao seu alcance para defender os intereses de Carnota ,e da súa xente tanto no Concello como no Parlamento galego, no Congreso e no Parlamento europeo.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Etiquetas
comunicado estado nacional redes- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións

Comentarios
Publicar un comentario