Saltar ao contido principal

O PP volve rexeitar no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55

O Partido Popular volveu rexeitar no Parlamento galego a supresión da peaxe da AG-55, malia que a eliminación desta peaxe foi reclamada en diferentes concellos afectados.

Segundo a información publicada por Que Pasa na Costa, en Carnota, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Fisterra e A Laracha o PP apoiou mocións municipais para eliminar as peaxes. Porén, no Parlamento galego o Partido Popular segue rexeitando as iniciativas para poñer fin a este custo para a veciñanza.

O deputado do BNG Oscar Insua denunciou esta contradición e lamentou que o PP “nin quere falar das peaxes da autovía AG-55 nin quere eliminalas”. Tamén lembrou que o mesmo partido reclama a gratuidade da AP-9 mentres se nega a eliminar as peaxes da AG-55.

Insua sinalou que a Xunta rescatou en outubro de 2024 catro autoestradas galegas, mais deixou fóra a AG-55, unha vía esencial para Bergantiños e a Costa da Morte, cunha poboación afectada que supera as 100.000 persoas.

Para o BNG, manter esta peaxe supón unha discriminación territorial. A veciñanza da Costa da Morte segue pagando para desprazarse á Coruña por motivos laborais, sanitarios, educativos ou familiares, mentres outras zonas xa contan con autovías gratuítas.

Desde Carnota, esta reivindicación ten unha importancia clara: a mobilidade condiciona a vida diaria e o acceso aos servizos. A AG-55 debe ser gratuíta e estar ao servizo da xente, non seguir funcionando como un negocio privado sostido cos petos da veciñanza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón