No pleno do Concello de Carnota do día 8 de maio de 2026 foi aprobada por unanimidade a moción presentada polo BNG para esixir ao goberno da Xunta de Galiza a gratuidade da autovía AG-55 . A iniciativa reclama que a AG-55 deixe de estar sometida a peaxe e pase a ser unha vía gratuíta para a veciñanza. Trátase dunha demanda de gran importancia para Carnota e para o conxunto da Costa da Morte, xa que esta autovía é unha infraestrutura básica para os desprazamentos por motivos laborais, sanitarios, educativos, administrativos e familiares. Desde o BNG defendemos que non é xusto que a veciñanza da comarca teña que seguir pagando por unha vía esencial para a súa mobilidade diaria. A peaxe da AG-55 supón unha carga económica engadida para milleiros de persoas e constitúe unha discriminación territorial que afecta directamente á Costa da Morte. A aprobación unánime desta moción no pleno de Carnota expresa unha posición clara da corporación municipal: a gratuidade da AG-55 é unha reivindi...