Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

Triste adeus á caseta de Miché, no entorno do Faro de Lariño

No día de onte os veciños de Lariño puideron asistir con asombro como a “Caseta de Miché” era derrubada por Costas coincidindo coas melloras da pasarela de acceso á praia, dentro do plan que a Demarcación de Costas de Galicia está facendo ao longo da Costa galega de reparación das pasarelas existentes. Varios veciños e veciñas contactaron connosco para solicitar información ao respecto, e en base á información que puidemos recabar, temos a ben trasladala a toda a veciñanza por esta vía para o seu coñecemento: Xa fai anos era intención de Costas proceder ao derrubo da caseta e así llo ten trasladado a Moncho Noceda durante a última etapa de goberno do BNG, xa que pedían que o Concello iniciara o pertinente expediente de expropiación, mais o anterior alcalde negouse rotundamente. Con motivo do Pleno celebrado onte, xoves 27 de maio, o grupo municipal do BNG formulou unha pregunta ao Sr. Alcalde Juan Manuel Saborido sobre se era coñecedor desta actuación por parte de Costas,...

Outro premio para o centro social de Cornido

O centro social de Cornido acada unha mención máis nos galardóns de arquitectura . Si na primeira ocasión foi a nivel estatal, nesta ocasión trátase dos premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020. Parabéns aos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, e por suposto a veciñanza de Cornido, representada polo seu presidente Eduardo Vázquez no acto de entrega de premios ao que tamen foi convidado polos arquitectos o exalcalde do Concello de Carnota Moncho Noceda, impulsor do proxecto. Xa van dous anos desde o remate da obra polo que esperamos que non se demore máis a súa entrega aos veciños e veciñas para o seu disfrute.