O centro social de Cornido acada unha mención máis nos galardóns de arquitectura. Si na primeira ocasión foi a nivel estatal, nesta ocasión trátase dos premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020. Parabéns aos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, e por suposto a veciñanza de Cornido, representada polo seu presidente Eduardo Vázquez no acto de entrega de premios ao que tamen foi convidado polos arquitectos o exalcalde do Concello de Carnota Moncho Noceda, impulsor do proxecto.
Xa van dous anos desde o remate da obra polo que esperamos que non se demore máis a súa entrega aos veciños e veciñas para o seu disfrute.
O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%
Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Comentarios
Publicar un comentario