Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2007

O BNG cumpre 25 anos

O BNG vén de cumprir os 25 anos da súa fundación na I Asemblea de Riazor (A Coruña) no 1982, que significou o punto de partida deste proceso transformador da realidade galega que se chama Bloque Nacionalista Galego e que se veu culminado, no ano 2005, coa entrada do nacionalismo galego no goberno de Galiza. Con motivo das conmemoracións, tivo lugar o pasado sábado día 29 un acto no Frontón de Riazor (Coruña), no que participaron Anxo Quintana, Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez e Encarna Otero. Tamén houbo varias actividades culturais e musicais. Ver máis información: Convocatoria na páxina nacional do BNG. Reportaxe en GZnación sobre o contexto social e político que culminou na Asemblea Fundacional do BNG. Podedes ver todos os videos do acto na canle do BNG en Youtube Listado de referencias ao BNG neste seu 25 aniversario Artigo na web nacional do BNG Artigo de Xosé Manuel Pereiro en El País O BNG aproveita o seu 25 aniversario para lanzar unha mensaxe de unidade , artigo de ...

Cortina de fume

Antonte, día 13 de setembro, tivo no lugar na Casa do Concello de Carnota un "pleno" que non só tivo lugar ás 13:30 horas tal como temíamos, senón que se convocou fóra de tempo e forma: sen respeitar os prazos, sen poñer sobre aviso a varios concelleiros e convocándoo en grande medida a través da prensa. Esta total falta de organización (queremos ser ben pensados e atribuírllo á novatada), non só fixo case imposíbel a asistencia de público, senón que mesmo puxo en serios apuros a asistencia dos propios concelleiros. De feito, polo BNG só puido comparecer o noso portavoz Tomás Freire , e iso facendo un tremendo esforzo personal ao estar recén saído do hospital e en proceso de recuperación do grave accidente de tráfico no que se viu involucrado a finais do mes de agosto. Se non fora por ese xesto o BNG de Carnota non tería representación ningunha. Os puntos máis relevantes da orde do día foron a solicitude dun estudo exte...

Novas taxas de saneamento: A xestación dun engano aos veciños

Información de urxencia para todos os veciños que xa están a conectarse á rede de saneamento cunhas tarifas abusivas e non regulamentares. O venres 13 de xullo tivo lugar na Casa do Concello un Pleno extraordinario de urxencia -comunicado aos membros do BNG con tan só un día de antelación- no cal, entre outros puntos, estaba incluída a ordenanza que ía regular as taxas do saneamento municipal. Non só non se nos xustificou en ningún momento o porqué da urxencia deste punto na Orde do día, senón que a única argumentación que utilizou o novo alcalde foi que o documento submetido a valoración do Pleno era “exactamente igual” ao prego de condicións da concesión do Servizo de Saneamento que deixara acordado o goberno do BNG coa empresa concesionaria. E tiña razón, salvo nun "pequeno" detalle: no novo documento aparecera por arte de maxia unha nova taxa de enganche para cada veciño que oscila entre os 300 e os 400 euros, do que non había nin rastro no acor...

O anterior goberno deixou contratados máis de 5.500.000 € en investimentos para Carnota

O goberno saínte, liderado daquela polo nacionalista Manolo García, deixou aprobada unha longa serie de investimentos para a mellora do noso concello por valor superior a cinco millóns e medio de euros. Todos eses investimentos atópanse xestionados, financiados mediante diversos entes e contratados, e a maioría delas xa están en execución nestes momentos, como pode ser o caso da Senda Verde, o Centro de Interpretación da Cabana, obras de saneamento e beirarrúas, etc. Só decidimos publicar neste listado as obras de maior importancia, malia existir outro conxunto de obras menores tamén contratadas polo goberno anterior e que están sendo executadas nesta nova lexislatura. Estas cifras son aproximadas e están redondeadas para a áxil lectura do texto. • Saneamento integral do noso municipio Obras da fase secundaria en Lira, Pedrafigueira e As Breas: 400.000 € (financiados pola Xunta) Obras da fase secundaria en Mallou e Vilar: 450.000 € (financiados polo Concello) • Obradoiro de em...

A nosa costa é mariñeira e deportiva

As administracións competentes (Deputación da Coruña, Xunta de Galiza e Goberno do estado) veñen de destinar arredor de 240.000 € para creación e equipamento de bases náuticas en varios concellos da Costa da Morte, entre eles Carnota, dentro do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte. A primeira medida consitiu xa na contratación de casetas para as respectivas bases náuticas, por valor aproximado de 40.000 €. Estas bases serán equipadas pola Deputación grazas a un investimento superior aos 200.000 € para a compra de equipos de buceo, táboas de windsurf, catamaráns, kaiaks e embarcacións semiríxidas que se comezarán a repartir nesta primeira quincena de setembro entre as novas bases náuticas dos concellos integrados no Plan de Dinamización, é dicir Carnota, Muros, Corcubión, Camariñas, Malpica, Ponteceso, Carballo e Laracha. Por outra parte, acabamos de saber que a Consellería de Pesca da Xunta de Galiza acaba de aprobar o proxecto "Desafío Portos Pesqueiros" deseñad...