Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2019

Moncho Noceda pechará a lista que buscará devolver a Galiza a súa voz no Congreso

Ana Pontón: « Nun escenario sen maiorías absolutas, 1, 2, 3 deputados e deputadas do BNG son máis útiles para Galiza que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias » Moncho Noceda ante a fachada do Concello ( fonte ) O Consello Nacional do BNG aprobou as súas listas para as vindeiras Eleccións Xerais do 28 de abril, e que agardamos servirán para que Galiza recupere por fin a voz perdida no Congreso nos últimos anos de ausencia nacionalista, durante os que estivo representada por deputados e deputadas que atenderon máis os intereses políticos alleos que os do pobo galego que os elixiu, e que estivo impotente ou directamente ausente en debates tan importantes para o País coma son os orzamentos do Estado, que supuxeron unha aldraxe a Galiza tras outra, tanto en tempos de goberno do PP coma do PSOE co apoio das Mareas. Pois ben, o alcalde de Carnota Moncho Noceda , que como a nosa veciñanza ben sabe determinou poñer fin á súa traxectoria no goberno de Carnota, non remata desde l...

O BNG de Carnota estrea unha app para recoller achegas ao Programa

Captura da app Cando se achega o ecuador da rolda de Asembleas veciñais con que o BNG de Carnota tenta achegar á veciñanza o seu traballo no goberno de Carnota e recoller todas as súas necesidades e inquedanzas para incorporalas ao novo Programa de Goberno 2019-2022, o BNG de Carnota presenta unha app para dispositivos móbiles. A aplicación xa se pode descargar na tenda de Google Play para dispositivos Android , e permite lanzar propostas ao equipo de campaña do candidato nacionalista Milucho Louro, para que as poidan sumar ao traballo de recollida de ideas que levamos un mes a desenvolver polos distintos lugares do noso Concello. É a primeira vez que o BNG opta por unha plataforma deste tipo para comunicarse coa veciñanza, continuando coa nosa decidida aposta por Internet e as novas tecnoloxías coma un método para achegarse e contactar coa veciñanza que se atopa desprazada fóra do noso municipio. Neste eido, cabe lembrar a exitosa traxectoria das redes sociais do BNG, con perf...