Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2005

Quin, en entrevista a Vieiros. "A primeira medida como presidente será a democratización dos medios públicos"

Publicamos integramente no blog do BNG de Carnota a entrevista feita onte 27 de abril polo medio de información dixital Vieiros ao candidato do BNG á presidencia da Xunta Anxo Quintana. É a primeira vez que se presenta como candidato á presidencia da Xunta e parte cunha boa valoración nas enquisas. Logo de pasar por unha das treboadas políticas que periodicamente azoutan o BNG, Anxo Quintana enfronta a cita electoral "co mellor ánimo", disposto a converterse no primeiro presidente nacionalista da historia de Galiza. Dous anticipos do que sería a súa acción política: o compromiso de presentar e consensuar un novo texto de Estatuto durante o primeiro ano de goberno e a urxente democratización dos medios públicos de comunicación. En que situación colleu ao BNG o adianto electoral? Co mellor ánimo. Hai tempo que tiñamos moitas ganas de ter a oportunidade de traballar para que haxa un presidente nacionalista en Galiza; sabemos que estas eleccións son unha oportunidade par...

Lobeira alerta dos peligros dun parque eólico marino

O deputado do BNG Bieito Lobeira alertou o pasado día 14 dos perigos que suporía para a pesca o parque eólico marítimo que pretenden instalar nas augas de Carnota. Nas súas palabras: «A entrada en funcionamento deste complexo suporía un gran impacto medioambiental e provocaría a merma da riqueza pesqueira e marisqueira dun caladoiro moi sensible e rico». Ao respeito, ven de presentar unha iniciativa relativa á instalación de este tipo de recintos nas costas de Carnota. Para Lobeira, a Xunta debe posicionarse a favor dos sectores pesqueiros, polo que inquireu do governo autonómico únha postura clara a respeito da destructiva iniciativa planos construcción de parques eólicos marinos, si se ha elaborado algún informe sobre la incidencia de los mismos, y si se opondrá a su instalación. O alcalde Xosé Manuel García acompañou ao deputado durante a súa visita a Carnota, durante a que aproveitaría para advertir que a pretendida ubicación do complexo en Meixide é innegociábel: «Aderímonos e inv...

A TVG entrevista a Quintana

O xornalista da TVG Tino Santiago entrevistará este xoves 28 de abril (arredor das 9.45 horas) ao candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana. A entrevista xirará arredor da actualidade política, marcada polo adiantamento eleitoral e pola inminencia do cambio galego que personifica Anxo Quintana. Malia isto seguimos reivindicando da Xunta un debate sério entre os principais candidatos ás vindeiras Eleicións Autonómicas, posibilidade que segue a ser boicoteada sistemáticamente por Fraga, instalado como sempre na descalificación permanente e no desprezo ao diálogo democrático e ás posturas discordantes. Señor Fraga, por que ten medo a debatir?

Hai motivo... para botalos

Desde o BNG de Carnota queremos facer eco das palabras do alcalde de Negreira nas que explica aos galegos os "sustanciosos" motivos polos que Fraga debe seguir governando a nosa Terra 4 anos máis. Sen desperdizo. José Blanco Pazos Alcalde de Negreira e teólogo BNG de Carnota

Actualidade do BNG Nacional

Xa está á vosa disposición a alternativa que o BNG ten elaborado a respeito do Plano Estratéxico de Infraestruturas e Transportes. Ver documento (PDF) Trátase do documento que a Xunta de Galiza debería ter feito e que, por distintas razóns (desde a incompetencia até o feito de ter ao conselleiro ocupado máis na guerra sucesoria que en xestionar os asuntos do seu departamento), non foi quen de facer. É un documento ben fundamentado do ponto de vista técnico e que pensamos fornece as chaves que debería guiar a política de infraestruturas que precisa este país. Tamén debedes saber que na web nacional se vai actualizar acotío a axenda do portavoz nacional e candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, informando puntualmente de tódolos actos nos que vai participar.

Entrevista a Anxo Quintana na SER

O traballo político do noso portavoz nacional, Anxo Quintana, a favor da transparencia democrática e do direito dos cidadáns a seren verazmente informados comeza a dar os seus froitos. Así, o mércores 27 de Abril o programa informativo "Hora 25" da Cadea Ser, dirixido por Carlos Llamas, acollerá apartir das 22.00 horas un debate coas tres forzas políticas galegas, e ao que acodirá o noso candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana. Tivo que ser unha emisora privada e de ámbito estatal quen dera aos galegos a oportunidade de debatir

Quintana, na Ser: "A candidatura mellor valorada pola cidadanía é a do BNG"

Quin mostrouse onte convencido de que "a candidatura mellor valorada pola cidadanía é a do BNG", no curso dunha breve entrevista con Iñaki Gabilondo, que podes escoitar na web da Ser . O líder do BNG afirmou que o que queren os galegos é ter un presidente "que fale de ti a ti ao presidente do Goberno español" e que "non faga como Fraga, que se agacha detrás do telón"."Fraga o que debería facer é permitir o debate e o intercambio de ideas, debería aceptar a proposta de debate que veño facendo. Non o fai, non a acepta, porque non está en condicións de gobernar", argumentou Quintana.

Fala con Quin

Desde fai un tempo, Anxo Quintana (candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza) puxo á disposición dos galegos a iniciativa Fala con Quin 2005 : un enderezo electrónico ao que enviar os nosos comentarios, dúbidas e críticas, coa promesa de que o candidato nacionalista si responde. Desde aquí queremos animarvos a formular a Quin as vosas consultas aproveitando esta nova canle de comunicación co cidadán, iniciativa desde logo pioneira en Galiza. 

Que é o BNG

Desde Carnota, e para todolos galegos, apresentamos un traballo do que nos sentimos moi orgullosos: A páxina web Que é o BNG , na que vos apresentamos a tódolos cargos que compoñen o tecido interno do Bloque Nacionalista Galego, así como aos seus representantes nas institucións europea, estatal, nacional e até local, a través da súa imaxe e datos representativos. O enderezo é provisional, e de feito a páxina atópase en fase de probas. Por iso quedades convidados tanto a visitala páxina como para complementar a información que aínda nos falta, ou facer calquera comentario.

Pregunta do BNG sobre o Parador da Costa da Morte

Citamos textualmente a pregunta de Paco Rodríguez, deputado do BNG nas Cortes Xerais do Estado, a respeito do famoso Parador de Turismo que supostamente se iba a edificar en Muxía, e que se nos vendeu aos concellos da Costa da Morte como "perla da coroa" dun Plano Galiza que xa en sí afrontaba dun xeito grotesco as consecuencias da maré negra para os nosos sectores pesqueiro e marisqueiro, e para o noso propio tecido económico, pero que aínda ve as súas promesas, compromisos e inversións reducidas dunha maneira sistemática. Data de entrada no Rexistro Xeral: 16 de febreiro de 2.005 Número de entrada: 42863 A LA MESA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS Francisco Rodríguez Sánchez, Diputado del GRUPO PARLAMENTARIO MIXTO (BNG), al amparo de lo dispuesto en el artículo 185 del Reglamento de la Cámara, presenta la siguiente pregunta para la que solicita respuesta por ESCRITO relativa al Parador de la Costa da Morte. Después de la reunión del Consejo de Ministros celebrado en el Palacio ...

Benvidos!

Benvidos ao blog do BNG de Carnota ! A través deste espazo dixital pretendemos dar conta das novas máis relevantes sucedidas no noso concello aos viciños e visitantes, e recoller as suxerencias, comentarios, opinións e críticas de todos aqueles que desexen axudarnos a crecer como organización, e a facer de Carnota un mellor lugar para todos e todas. Unha aperta afectuosa http://bng-carnota.blogspot.com