A charla "Monte Pindo, parque natural!" amosa o entusiasmo de veciñanza e axentes sociais ante a iniciativa
A charla informativa aberta, organizada por Galiza Nova , congregou o pasado sábado no colexio do Pindo a máis de medio cento de veciños chegados desde todos os puntos do noso municipio e tamén de concellos limítrofes, que puideron descubrir a iniciativa na boca dos seus autores, tomar a palabra e tamén resolver todas as dúbidas. Abriu a charla Mario Maceiras , responsábel comarcal de Galiza Nova, que tras agradecer a importante asistencia ao acto desmentiu rotundamente que a proposta de declaración de Parque Natural non proceda da veciñanza, como se vén insistindo desde o Concello, pois xurdiu dunha dilatada serie de conversas de veciños adscritos a diversos colectivos cos membros de ADEGA. Asi mesmo, lamentou que o alcalde de Carnota non deixara claro o seu apoio ao parque natural, sementando así dúbidas sobre un proxecto que só pode achegar beneficios non só ao Monte Pindo e a Carnota senón a toda a Costa da Morte, en contraposición ao actual estado de abandono deste espazo. A cont...